Temas: HUMOR

Os votantes do PP son os pais

O achádego foi descuberto por un grupo de sociólogas da USC que buscaban dar resposta ás repetidas victorias do PP en Galiza.

Por GcToday | Santiago de Compostela | 28/05/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A maioría aplastante do PP en Galiza tiña que ter unha base científica e demostrábel. Con esa premisa partía un grupo de 4 sociólogas da Universidade de Santiago de Compostela que hai xa 5 anos se propuxo resolver o enigma.

Feijóo canda Louzán na primeira fila do mitin do PP en Pontevedra
Feijóo canda Louzán na primeira fila do mitin do PP en Pontevedra

Un lustro despois a publicación do seu libro “Galicia es del PP, JO-DE-TE, JO-DE-TE” confirma que a tendencia de voto aos populares no país é grazas aos votos dos nosos pais e nais, quén a pesar de negalo en moitos casos, votan ao Partido Popular insistentemente.

Todo parte no momento en que unha parella teñen o seu primeiro cigoto, a partir dese intre e de xeito automático as ideas liberais e de dereitas comezan a surxir no seo da relación. Como afirma Beatriz, unha das autoras deste estudo, “os debates políticos dentro da familia comezan a coller un cariz liberal no económico e antiinmigración no social. Muletillas como: que se vayan a su país, esto antes non pasaba ou tiña que volver algún, comezan a ser habituais. Mentres tanto, o odio irracional a todo o que semelle esquerda ou nacionaliusmo vai en aumento paulatinamente, sobre todo se se nomea a Pablo Iglesias ou Artur Mas, no que o chamado efecto erupción da comezo”.

Tal e como apunta o libro a dereitización sufrida polos proxenitores avanza a medida que se van tendo fillas e fillos, chegado a un punto de non retorno coa chegada do cuarto cativo. Neste momento entraríamos en tal fase de dereitismo que algún voto podería correr o risco de chegar á Falanxe Española de las Jons, sendo este un número reducido deles. O importante deste fito é que a partir do cuarto retoño, o nivel de facherío é tal que a violencia comeza a ser quen impón os seus argumentos. Tatuaxes e bandeiras coa galiña son habituais neste tipo de pais e nais.

Un capítulo aparte merece o PSOE, no que a pesar de que os nosos pais e nais non son tan belixerantes como con Podemos, En Marea ou o BNG, si se posicionan claramente a favor da ala máis conservadora do partido, defendendo ata a extenuación a Susana Díaz e criticando a Pedro Sánchez, a pesar de que eles, como xa se explicou antes non votarán aos socialistas, senón que o seguirán facendo ao Partido Popular.

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta