Temas: PSDEG

Os partidarios de Pedro Sánchez perden terreo en Vigo e Ourense

O PSdeG continúa co proceso de votacións. Tras as primarias nas que arrasou Pedro Sánchez, os socialistas galegos deben elixir os delegados que os representarán no Congreso estatal. Eles escollerán a nova Executiva que goberna Ferraz.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/05/2017 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Polo visto xa en Vigo e Ourense, a clara vitoria dos ‘sanchistas’ nas primarias non se repetirá na elección de delegados, ou polo menos non por tanta marxe.

Rocío Frutos
Rocío Frutos

Así, por exemplo, en Vigo a lista de Carlos Font gañoulle á lista de Gonzalo Caballero por medio centenar de votos, con case o 60%. Un claro triunfo para os do bando do alcalde Abel Caballero, amargamente derrotado nas primarias. 

Na votación de onte pola noite en Vigo, houbo 346 participantes. Uns 197 apostaron pola lista de Carlos Font, 146 pola do sobriño e crítico co alcalde Gonzalo Caballero e 3 votos en blanco.  

Así as cousas, a lista de Gonzalo Caballero consigue 23 delegados e a de Carlos Fon, 30. En declaracións á Ser, Font acusou ao seu rival de “arrogarse a presentación de Pedro Sánchez” sen motivo.

Os ‘sanchistas’ si que gañaron en Ourense, pero cunha marxe moito máis estreita que nas primarias. A lista que encabezaba Rocío Frutos triunfou, pero con só 7 votos de avantaxa sobre a que organizaron os próximos a Susana Díaz.  A candidatura de Frutos, a deputada que é se cadra o rostro máis visíbel do bando de Pedro Sánchez en Galicia, estivo lastrada porque houbo unha terceira candidatura que abrazou en gran medida o discurso pro-base do novo líder estatal. 

Gonzalo Caballero nunha intervención política en Vigo
Gonzalo Caballero nunha intervención política en Vigo | Fonte: PsdeG

Estes son os primeiros pasos dun longo proceso que debe desenvorcar na convocatoria dun Congreso en Galicia para elixir a nova dirección do PSdeG. El Progreso apunta que os críticos con Sánchez poderían renunciar a dar batalla, pero visto estes resultados en Vigo e Ourense está por ver se tal retirada é definitiva.

Temas: PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 un perico de sanchis

miren si a casa de pache vazquez foi no carballinato pagada pola muller a nome d amuller e de crédito de bankia como foi o da hipoteca... si houbo todo ben o todo mal!