As fundacións Ingada e María José Jove forman a máis de 150 profesores galegos no tratamento do alumnado con TDAH

Máis de 150 profesores galegos participaron no III Curso de Formación de Profesorado para o Tratamento do Alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), impartido polas fundacións Ingada e María José Jove.

A CORUÑA | 26/05/2017 | Actualizada ás 15:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Máis de 150 profesores galegos participaron no III Curso de Formación de Profesorado para o Tratamento do Alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), impartido polas fundacións Ingada e María José Jove.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu este venres o acto de balance de resultados, e no que tamén se renovou o convenio entre a Consellería e as dúas fundacións para colaborar un ano máis na formación do profesorado.

Xunto ao conselleiro, estivo o presidente da Fundación Ingada, Ángel Carracedo; a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove; e a directora de Ingada, Elvira Ferrer. Todos eles coincidiron na necesidade de dotar dun "coñecemento adecuado" aos profesores para traballar en favor dunha "educación máis inclusiva".

Na súa intervención, o conselleiro comentou que "a clave é a implicación do profesorado" á hora de traballar cara unha educación máis inclusiva. "Primeiro hai que sensibilizar e despois formar", asegura.

SISTEMA DE CALIDADE

Román Rodríguez destacou a calidade do sistema educativo en Galicia, onde "máis do 90% do alumnado" está dentro del. Así mesmo, indicou que, segundo os datos do Informe Pisa, "o sistema educativo de Galicia é un dos máis inclusivos".

En total 154 profesores de 154 centros educativos participaron nestas xornadas formativas. O obxectivo é achegar aos docentes o coñecemento necesario sobre o TDHA para que poidan abordalo na aula da mellor maneira posible.

Ao concluír a formación os asistentes tiveron que presentar un proxecto final, e entre os todos os presentados un comité avaliador elixiu a un gañador. En concreto, foi o proxecto dun docente do CIFP Paseo das Pontes da Coruña que enfocou o seu traballo no desenvolvemento de habilidades técnico-específicas nun alumno con TDAH matriculado na FP de Cociña e Gastronomía.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta