A Policía Autonómica conclúe que un incendio en Bueu (Pontevedra) foi causado por neglixencia nunha queima

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Pontevedra informaron este venres do esclarecemento dun incendio forestal no municipio pontevedrés de Bueu debido a neglixencia nunha queima de restos forestais non autorizada, polo que hai unha persoa investigada.

PONTEVEDRA | 26/05/2017 | Actualizada ás 15:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Pontevedra informaron este venres do esclarecemento dun incendio forestal no municipio pontevedrés de Bueu debido a neglixencia nunha queima de restos forestais non autorizada, polo que hai unha persoa investigada.

Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta, o lume tivo lugar o 21 de maio na parroquia de Cela, no municipio de Bueu, e afectou a unha superficie aproximada de mil metros cadrados arborados.

A Policía Autonómica concretou que este incendio se debeu a unha neglixencia do investigado á hora de realizar unha queima de restos forestais para a cal non solicitara o permiso correspondente.

Por estes feitos foron tramitadas dilixencias remitidas ao xulgado de garda da localidade pontevedresa de Marín, segundo sinalaron as mesmas fontes.

No que vai de ano xa son 38 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais en Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta