Detidos dous homes na Coruña acusados de delitos de violencia de xénero

Axentes da Policía Autonómica da Coruña informaron este venres da detención de dous homes na cidade herculina por supostos delitos de violencia de xénero contra as súas parellas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2017 | Actualizada ás 17:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica da Coruña informaron este venres da detención de dous homes na cidade herculina por supostos delitos de violencia de xénero contra as súas parellas.

Segundo detallou o corpo, axentes do grupo Viogen procederon á detención ao longo desta semana, en días diferentes, de dous homes acusados de senllos delitos de violencia contra as súas parellas.

A Xunta precisou, a maiores, que a Policía adscrita á comunidade autónoma ten asignada a protección dun total de 188 vítimas de violencia machista.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta