A Policía detén en Redondela (Pontevedra) a un fuxitivo portugués, pendente de cumprir condena por tráfico de drogas

Axentes de Policía Nacional do grupo UDEV II da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Vigo detiveron a un cidadán portugués, fuxido do país veciño, cando tiña pendente de cumprimento seis anos de cárcere dunha condena por tráfico de drogas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2017 | Actualizada ás 17:58 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes de Policía Nacional do grupo UDEV II da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Vigo detiveron a un cidadán portugués, fuxido do país veciño, cando tiña pendente de cumprimento seis anos de cárcere dunha condena por tráfico de drogas.

Segundo informaron fontes policiais, a principios de mes recibiuse unha solicitude de colaboración por parte de autoridades portuguesas para a localización dun home sobre o que pesaba unha orde europea de detención e entrega.

Na orde identificábase a un home que fora condenado pola Xustiza lusa a 17 anos e seis meses de prisión por tráfico de drogas, dos que quedaban seis anos por cumprir, e que posiblemente fuxira a España.

Froito da investigación, a Policía descubriu que este home estaba a vivir en Redondela (Pontevedra) e rexentaba un bar situado na Estrada de Catapeixes.

Tras despregar un dispositivo de vixilancia nas inmediacións do local, os axentes interceptárono e detiveron no momento en que chegaba ao lugar. O home foi trasladado a comisaría e ingresado nos calabazos, á vez que se informou ás autoridades xudiciais.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta