Adega e Mariña Patrimonio denuncian a destrución dun dolmen e a utilización das súas pedras para adornar un xardín

Membros de Adega e de Mariña Patrimonio denunciaron ante Patrimonio Cultural da Xunta a "destrución" do dolmen da Casa dos Mouros de Lobeira, no Valadouro (Lugo), ocorrida no transcurso duns labores forestais.

LUGO | 26/05/2017 | Actualizada ás 18:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Membros de Adega e de Mariña Patrimonio denunciaron ante Patrimonio Cultural da Xunta a "destrución" do dolmen da Casa dos Mouros de Lobeira, no Valadouro (Lugo), ocorrida no transcurso duns labores forestais.

Dolmen Casa dous Mouros de Lobeira
Dolmen Casa dous Mouros de Lobeira | Fonte: Europa Press

Segundo a información solicitada polas asociacións, os presuntos responsables destes feitos terían incumprido os requisitos de patrimonio para a curta e plantación de eucaliptos no dolmen e na súa zona de protección.

Os "expoliadores", continúan, aproveitaron as pas mecánicas e a maquinaria pesada para "extraer dúas pedras" do dolmen e trasladar unha delas ata o xardín dunha casa en Foz, onde foi localizada polo Seprona. A outra a deixaron abandonada á beira da mámoa, xa que lles había partido ao sacala do túmulo.

Para Adega e Mariña Patrimonio, a "masiva destrución" neste tipo de xacementos "provocada pola industria do eucalipto" é "un grave problema que a Consellería de Cultura non quere afrontar, sexa por submisión á todopoderosa industria forestal ou simplemente por falta de capacidade", polo que pediu que se poñan en marcha medidas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta