As exportacións galegas soben en marzo case un 21% respecto ao mesmo mes do ano anterior

As exportacións galegas subiron un 20,97% en marzo en relación co mesmo dato do ano anterior, de acordo co informe de comercio exterior publicado este venres polo Ministerio de Economía e Competitividade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2017 | Actualizada ás 18:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As exportacións galegas subiron un 20,97% en marzo en relación co mesmo dato do ano anterior, de acordo co informe de comercio exterior publicado este venres polo Ministerio de Economía e Competitividade.

O estudo do ministerio recolle que Galicia aumenta o seu peso na exportación española cun 7,73% do total e continúa como a sexta comunidade autónoma a nivel estatal por detrás de Cataluña, Andalucía, Comunidade Valenciana, Madrid e País Vasco.

Por provincias, Pontevedra e A Coruña continúan liderando as exportacións galegas. Ambas as provincias concentran máis do 90% do total, mentres que Lugo achega un 4,28% e Ourense un 3,98%.

As principais exportacións proviñeron dos sectores de manufacturas de consumo (29,82% do total), automóbil (18,03%) e bens de equipo (17,46% do total). Tamén destaca o incremento no número de exportacións do sector de produtos enerxéticos, cunha taxa de incremento nominal interanual do 92,3%.

IMPORTACIÓNS E SALDO

Pola súa banda, as importacións (que supuxeron o 5,48% do total estatal) aumentaron un 15,95% na comunidade galega o terceiro mes do ano. As subidas dun 17,5% en Pontevedra, un 16,2% en Ourense e un 19,7% na Coruña víronse contrarrestadas pola caída do 24,2% rexistrada en Lugo.

Deste xeito, con 2.027 millóns en exportacións e 1.518,3 en importacións, o saldo deste mes foi de 508,1 millóns, un 4,6% máis respecto de marzo do ano anterior.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta