Axentes da UDYCO sinalan a 'O Mulo' como o xefe da rede de narcotraficantes

Axentes da Unidade de Droga e Crime Organizado (UDYCO) da Policía Nacional sinalaron a Rafael Bugallo 'O Mulo' como o xefe da rede de narcotraficantes que se xulga na Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2017 | Actualizada ás 18:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Unidade de Droga e Crime Organizado (UDYCO) da Policía Nacional sinalaron a Rafael Bugallo 'O Mulo' como o xefe da rede de narcotraficantes que se xulga na Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra.

Así o fixeron no marco da quinta sesión do xuízo que se desenvolve na Audiencia de Pontevedra, o axente da Policía Nacional que coordinaba o seguimento do grupo situou ao vilanovés, de 60 anos, como o encargado de dar "as últimas instrucións" a Luís Fajardo, José Antonio Búa e Fernando Prado para levar a cabo os preparativos da descarga de 3.500 quilos de cocaína que se recolleron en alto mar a bordo dunha lancha que terminou queimada na Lanzada.

"Era o que daba a última palabra", indicou o axente, atendendo ás deducións froito da investigación realizada durante o ano 2008 na que non se puido esclarecer quen encargaba a droga aos colombianos.

O coordinador policial da operación sinalou que era Fernando Prado, a quen O Mulo acusou na segunda sesión de ameazarlle na sala, quen se encargaba de contactar con 'El Ratonero', o barco que ía fornecer a gasolina en alto mar, sinalando que na planadora que realizou a operación viaxaba Luís Fajardo.

Tamén relacionou aos fillos da parella do 'Mulo' cos feitos, sinalando que realizaban labores de vixilancia e acudían a algunhas reunións, supostamente para intimidar.

A testemuña indicou que as dúas naves que utilizaban os acusados, situadas en Mosteiro (Meis) e en Castrelo (Cambados), atopábanse en zonas que resultaban difíciles de vixiar para as forzas de seguridade.

Este venres tamén declarou ante o tribunal o funcionario do Servizo de Vixilancia Aduaneira, que ofreceu máis detalles sobre as características das distintas embarcacións implicadas nesta operación. A vista oral deste macroxuízo por narcotráfico continuará o vindeiro xoves 1 de xuño.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta