O Consello da Avogacía Galega rexeita a concentración dos litixios hipotecarios en catro xulgados galegos

O Consello da Avogacía Galega expresou o seu rexeitamento á concentración dos litixios hipotecarios en catro xulgados galegos --A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo-- ao entender que a decisión, avalada polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), é "inxusta, antisocial e favorece á banca en detrimento da cidadanía".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2017 | Actualizada ás 19:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Consello da Avogacía Galega expresou o seu rexeitamento á concentración dos litixios hipotecarios en catro xulgados galegos --A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo-- ao entender que a decisión, avalada polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), é "inxusta, antisocial e favorece á banca en detrimento da cidadanía".

A través dun comunicado emitido este venres, o Consello da Avogacía Galega --órgano que aglutina a todos os colexios de avogados de Galicia-- sinala que a medida "favorece á banca" en prexuízo "daqueles cidadáns afectados" non residentes "nas catros cidades concretas en que se sitúan os xulgados escollidos".

Ademais, critica a decisión por ser "prexudicial para o funcionamento da administración de Xustiza", xa que "en lugar de repartir o traballo" de maneira "sustentable" entre os diferentes partidos xudiciais se "sobrecarga" a catro xulgados concretos "xa de antemán colapsados".

Por tanto, o Consello da Avogacía Galega adhírese ao rexeitamento expresado polo Consello Xeral da Avogacía Española contra unha medida que xa foi adoptada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta