Temas: EMERXENCIAS

Tímidos avances para desbloquear a folga no 112

A subcontrata da Xunta Telemark Spain realiza unha nova oferta, que os traballadores rexeitan en Asemblea, tras un mes de paro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2017 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A empresa Telemark Spain subiu a oferta de compensación económica aos traballadores do 112 en folga polo traslado da sede de San Marcos, en Santiago, á Estrada (Pontevedra).

Leiceaga na concentración cos traballadores do 112 e 061
Leiceaga na concentración cos traballadores do 112 e 061

Así llo trasladou durante o transcurso dunha nova reunión no Consello Galego de Relacións Laborais. O encontro, doutro catro horas, aproximadamente, foi sucedido por unha nova asemblea dos traballadores, que decidiu unanimemente rexeitar a oferta.

Segundo explicou a Europa Press a portavoz do comité, Isabel Moares, a compañía subiu "oito euros" a súa oferta, ata 39 euros mensuais por traballador, de compensación polo traslado.

Aínda que valoran os "avances tímidos" da firma, esta contía está "moi lonxe" das peticións dos traballadores, que nun principio se sitúan sobre os 150 euros en base a cálculos do que lles custa o traslado.

As dúas partes citáronse para unha nova cita o mércores 31, ás 10,00 horas, de novo nas dependencias do organismo mediador dependente da Xunta. A folga no 112 prolóngase xa desde hai mes e medio.

Temas: EMERXENCIAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta