AGEe reclama ao Goberno a derrogación do decreto de reforma da estiba por "vulnerar o mandato da OIT"

A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, reclamou a derrogación do novo decreto de reforma da estiba ao entender que "non defende os intereses xerais", "prexudica" a traballadores e empresas e "vulnera o mandato da Organización Internacional do Traballo (OIT)".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2017 | Actualizada ás 13:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, reclamou a derrogación do novo decreto de reforma da estiba ao entender que "non defende os intereses xerais", "prexudica" a traballadores e empresas e "vulnera o mandato da Organización Internacional do Traballo (OIT)".

A través dun comunicada emitido este sábado, Senra acusou ao Goberno de impulsar unha reforma que "é en realidade un plan de baixas incentivadas e prexubilacións, algo que popularmente se coñece como un ERE".

O real decreto que reforma o sector da estiba foi aprobado o pasado día 18 de maio no Congreso dos Deputados grazas aos votos favorables de PP, Ciudadanos e PNV.

Lídia Senra ve na reforma un movemento para que "multinacionais americanas, rusas e chinesas" poidan "facerse" cos portos españois, algo que "non só desmontaría o réxime laboral" dos estibadores, senón que tamén "desaparecerían" as empresas consignatarias que operan na actualidade.

"O que fixo o Goberno con este decreto é dotar de presuposto prexubilacións e baixas incentivadas, é dicir, unha reconversión portuaria co obxectivo de reducir o cadro de persoal e privatizar aínda máis a xestión", aseverou a eurodeputada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta