Esquerda Unida pide a nulidade do sobresemento da causa do carrexo de votos do PP de Lugo

Esquerda Unida solicitou na Audiencia Provincial de Lugo a nulidade do sobresemento da causa do carrexo de votos practicado por membros do PP lugués nas eleccións autonómicas de 2012.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2017 | Actualizada ás 18:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Esquerda Unida solicitou na Audiencia Provincial de Lugo a nulidade do sobresemento da causa do carrexo de votos practicado por membros do PP lugués nas eleccións autonómicas de 2012.

O pasado 11 de abril, a Audiencia Provincial arquivou a causa aberta contra o exlíder dos populares lucenses, José Luís Iravedra, e outros tres membros da formación tras concluír que os feitos non eran constitutivos de delito.

O caso remóntase ás eleccións autonómicas de 2012, cando AGE presentou unha denuncia contra varios cargos do PP de Lugo por trasladar ata o colexio electoral a varios residentes dun asilo.

No seu auto do mes de abril, a Audiencia Provincial conclúe que, aínda que os feitos merecen un "reproche ético e social", os investigados non incorreron en ningún delito.

Agora, como recolle un comunicado emitido este sábado, EU pide a nulidade do arquivo da causa porque "a resolución da audiencia é contraditoria en se mesma e non satisfai o cánon constitucional".

Ademais, sinala que o fallo "vulnera" o dereito fundamental á tutela xudicial efectiva e, á súa vez, tamén incumpre "outro dereito fundamental": "o de participar nos asuntos públicos por medio de representantes libremente elixidos".

"Están a ignorarse feitos probados de suma gravidade, polo que a democracia en si mesma perde sentido se non ten consecuencias penais que un colectivo vulnerable sexa forzado a exercer o seu dercho a voto de forma dirgida, aínda quedando probado, como así o certificou o Instituto de Medicamento Legal de Galicia, que tiñan as súas capacidades cognitivas alteradas", denunciou a coordinadora comarcal de Esquerda Unida de Lugo, Isabel Sánchez.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Rubén Pérez (Marea de Vigo) non terá alterada a súa capacidade cognitiva, ou? https://twitter.com/Gamela2017/stat...