A Xunta reclama a implicación de toda a sociedade na loita contra os abusos sexuais a menores con discapacidade

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización, Amparo González, destacou a importancia da sensibilización e a divulgación de pautas educativas para avanzar na prevención e na protección de menores con discapacidade de situacións de abuso sexual, tarefa na que se debe implicar a toda a sociedade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2017 | Actualizada ás 18:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización, Amparo González, destacou a importancia da sensibilización e a divulgación de pautas educativas para avanzar na prevención e na protección de menores con discapacidade de situacións de abuso sexual, tarefa na que se debe implicar a toda a sociedade.

Así o trasladou no marco do 'Seminario de Galicia sobre Violencia Sexual contra persoas menores de idade con discapacidade intelectual', celebrado en Santiago de Compostela, onde reivindicou a "mellora da calidade de vida" e do "benestar" deste colectivo como "unha das prioridades" do Goberno galego.

"A discapacidade fai que se convertan en 'obxectivos fáciles' pola súa imposibilidade de defenderse, as súas dificultades para denunciar e a posibilidade de que no momento en que se queixen, non sexan tomados en serio", sinalou Amparo González.

Neste sentido, referiuse a que algunhas das formas máis graves de abuso sexual non son detectadas, ao producirse na intimidade dos fogares.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta