O rexurdir de David Vidal

O veterano técnico de Portosín, de 66 anos, ascende a La Hoya Lorca por primeira vez a Segunda División tras eliminar o Albacete. “Isto supón reengancharme ao fútbol, do que nunca debín saír”, asegura eufórico tralo ascenso.

Por gcdeportes | Compostela | 28/05/2017 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

O fútbol debíalle unha a David Vidal tralas últimas decepcións. E o veterano técnico de Portosín regresa pola porta grande ao fútbol profesional tras ascender a La Hoya Lorca a Segunda División por primeira vez na sua historia. O equipo murciano, malia errar un penalti, empatou 0-0 co Albacete no seu estadio, o Artés Carrasco con 8.000 seareiros na bancada, e fixo valer o 1-1 do partido de ida no Carlos Belmonte. Un novo ascenso para o carismático David Vidal.

David Vidal, mollado polos seus xogadores.
David Vidal, mollado polos seus xogadores. | Fonte: laverdad.es

Trala frustración do ano pasado por non poder salvar o Guadalaxara do descenso a Terceira, o técnico galego, de 66 anos, chegou a Lorca a principios de abril co obxectivo de ascender. Con tres vitorias e dous empates, La Hoya Lorca CF, fundado no 2002 e propiedade do empresario chino Xu Genbao, rematou líder do grupo IV da Segunda B e tras superar a eliminatoria co Albacete con dous empates, convertese en novo equipo da Segunda División.

Eufórico estaba David Vidal celebrando o ascenso no céspede cos seareiros: “Isto supón para min volver reengancharme ao fútbol, do que nunca debín saír”, dixo o de Portosín, quen saiu do seu retiro en Cádiz para volver adestra en Murcia. “Rescatamos a este equipo que merece estar na Segunda División, porque ten unha das mellores afeccións de España”.

É un novo ascenso para David Vidal en terras murcianas, tralo acadado co Real Murcia a Primeira na campaña 2002-03, sendo despedido polo club malia ter acadado o obxectivo. O veterano adestrador conta con máis de 400 partidos de experiencia entre Primeira e Segunda, e suma deste xeito un novo éxito o seu extenso currículo. Comezou no Cádiz (1982-1990), onde pasou dende as categorías inferiores ata o primeiro equipo, e pasou por Logroñés (1990-94, os seus mellores anos en Primeira), Rayo Vallecano (1994), Vilarreal (1995-1996), Hércules (1997-1998), Compostela (1999-2000), Real Murcia (2001-2003), As Palmas (2003-2004), Lleida (2005-2006), Elx (2006-2008) e Albacete (2010 e 2011). Decepcionantes foran as súas últimas dúas experiencias, no Xerez (2013) polos problemas económicos e no Guadalajara polo descenso a Terceira. Agora, aos 66 anos, volve á Segunda División.

David Vidal, todo espectáculo, volve ao campos no Guadalajara.
David Vidal, todo espectáculo, volve ao campos no Guadalajara. | Fonte: @deporguada
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Antinostrus

Este é un pillabán de moito carabillo...contaba-me a súa señora Nai que nos seus mellores tempos (cando acadara sona de erguedor de equipas en "apuros") endexamais aceptaba un contrato ao inicio da tempada...el aguardaba no seu Cortixo Andaluz (está casado por aqueles pagos) a que en Marzo-Abril o chama-se calqueira presidente de clube "desesperado" e así gañaba en tres meses o que doutro xeito traballando dous anos, pois que pedia, polos seus "servizos" de filósofillo tripaterróns o que lle viña en gaña.....como se pode ver, neste pais non todos sairon bordeline tipo Nostrus, aínda que neso influe moito o ser producto de coitus cortellum con axente espermatozoidal descoñecido, Nai Porka mediante........

1 Arturo

Está feito un rapaz