Temas: CICLISMO

Manifestación de ciclistas para reclamar o seu dereito a circular nas estradas

Piden a creación dunha brigada de "axentes ciclistas camuflados" para velar pola seguridade nas vías públicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2017 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

Centos de ciclistas concentráronse este domingo na Praza do Obradoiro de Santiago para reclamar o fin da súa "vulnerabilidade" nas estradas e que sexan considerados como "un usuario máis" das vías de circulación, así como para reivindicar a bicicleta como "medio social, deportivo e saudable".

Concentración de ciclistas en Santiago
Concentración de ciclistas en Santiago | Fonte: Europa Press

Na mañá do domingo, centenares de bicicletas chegaron ao Obradoiro para lembrar aos falecidos nas estradas e chamar ás autoridades a reformar o Código Penal e o Código de Circulación co obxectivo de pór freo aos atropelos de ciclistas e que estes, cando se produzan, sexan castigados.

Os participantes na concentración, que tamén se viviu en moitos puntos da xeografía española, gardaron un minuto de silencio en memoria dos "compañeiros" falecidos nas estradas e, tras a lectura dun manifesto, realizaron unha ofrenda floral ante o Apóstolo.

"Queremos que as nosas familias non nos despidan cando saímos cun 'ten coidado', senón cun 'pásao ben, desfruta'", proclamaron antes da lectura do manifesto no que, entre outras reivindicacións, reclamaron a reforma do Código Penal e que a "imprudencia, en calquera dos seus graos" sexa tipificado como delito.

Ademais, os ciclistas pediron a creación dunha brigada de "axentes ciclistas camuflados" para velar pola seguridade nas estradas, a intensificación dos controis de alcol e drogas e o reforzo das tarefas de control por parte do helicóptero 'Pegasus' da DGT.

Así mesmo, propuxeron que se reduza a velocidade durante os fins de semana naqueles tramos frecuentados por ciclistas, así como a elaboración de "campañas en positivo" de concienciación sobre o respecto entre usuarios das vías, a creación dunha materia de Seguridade Viaria na educación primaria e o impulso dun plan estratéxico para pór fin aos atropelos.

Temas: CICLISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 galegoexiliado

O mundo ó reves, facemos polígonos industriais pa que medren os toxos, Aeropuertos " para las personas", e estradas para pasear e facer deporte, e non pa traballar e xerar riqueza, beirarruas e zona peonis pa bicifalutas, e temos que apartarnos e calar pois ademas de atropelarnos nos insultan e amenazan. Pensan que ninguen traballa e que todos somos fincionarios ou perroflautas e vivimos do aire, do japiaflauer e do bon rollito. Non me estrana que haxa xente tan farta deles que lles poña pedras e alames nos camiños que antes eran peonis.

1 Gamela

levo 5 anos sen coche, vou e veño do traballo tódolos días en bici, vou facer a compra en bici, fago os recados e demáis tarefas en bici, e PAGO ata o último can á mesma Facenda Públca ca tí... Sería moito pedir que me deixaras VIVIR ??? Pero ao mellor se miras esto igual cambias de opinión... https://youtu.be/8FLjHUWXZz0