Python para todos os niveis

Vigo acollerá o vindeiro 10 de xuño unha nova edición de PyDay Galicia. Trátase dun evento a nivel galego para xuntar aos programadores de Python, unha das principais linguaxes de programación actual.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/05/2017 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Ao igual que na pasada edición, o evento será totalmente gratuíto co obxectivo “de que ninguén quede fóra e conseguir divulgar o coñecemento de Python o máis posible”. As entradas xa se poden reservar en ataquilla.com

PyDay Galicia 2016
PyDay Galicia 2016

Terá lugar no auditorio do Museo Marco o de Vigo e durará todo o día. As charlas estarán divididas en dous grupos, un profesional onde haberá charlas de relatoras de primeiro nivel local e nacional e outro de iniciación onde calquera poida asistir e saír do evento con nocións básicas da linguaxe. Neste segundo grupo haberá un taller para iniciarse no uso de Python en Raspberry Pi.

O evento conta co patrocinio de varias empresas locais como Gradiant, Initios ou EmpathyBroker entre outros.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta