O PPdeG quere xuízos rápidos para os ‘okupas’

O Partido Popular considera necesario reformar normas estatais e buscar acordos entre a Delegación do Goberno e a Fiscalía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia considera necesario reformar normas estatais e buscar acordos entre a Delegación do Goberno en Galicia e a Fiscalía para que os delitos relacionados coa ocupación de inmobles sexan tratados en xuízos rápidos.

Pedro Puy do PPdeG.
Pedro Puy do PPdeG. | Fonte: Europa Press

"Queremos resolver un problema que non só afecta os propietarios senón tamén aos veciños das vivendas adxacentes", manifestou este luns en rolda de prensa o portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy.

Con este obxectivo, explicou que os populares galegos rexistraron unha iniciativa na Cámara galega que pretende adaptar o actual ordenamento xurídico para "dar aopio" tanto "ás actuacións das forzas e corpos de seguridade do Estado" como "aos tribunais de xustiza" nas actuacións que se producen ante a existencia de "mesmo mafias que se dedican á ocupación ilegal de vivendas", dixo Puy.

O portavoz popular indicou que na actualidade os procedementos para que os propietarios recuperen as súas vivendas "son longos, penosos e normalmente non levan apenas consecuencias para aqueles que os realizan".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta