Temas: TABACO SAúDE

O 12% dos menores de 18 anos fuma a diario

O consumo de tabaco tamén incrementa a probabilidade de padecer enfermidades cardiovasculares, respiratorias, cancro e afeccións oculares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O 33% das mozas e o 29% dos mozos de entre 14 e 18 anos son fumadores e máis do 12% fuman a diario o que coloca a España á cabeza dos países da Unión Europea onde os mozos comezan antes con este "mal" hábito.

A doutora Villoria
A doutora Villoria | Fonte: Europa Press

A pesar de que moitos deses adolescentes son conscientes de que o seu hábito comporta "unha elevada" posibidade de sufrir enfermidades cardiovasculares, respiratorias ou cancro; só unha escasa porcentaxe coñece que o consumo de tabaco tamén incrementa a probabilidade de padecer afeccións oculares como as cataratas ou a dexeneración macular asociada á idade (DMAE).

A doutora e directora da clínica Villoria, de Pontevedra, Carmen Villoria, advertiu de que "poucas persoas relacionan ao fumador con problemas visuais, aínda que está demostrado que o seu efecto é evidente e frecuente en distintas patoloxías", e son as máis comúns en persoas fumadoras ou mesmo naquelas expostas ao tabaco.

Pero, sen dúbida, o principal efecto prodúcese coas cataratas e na dexeneración macular, unha enfermidade progresiva asociada á idade que sofren máis de 750.000 adultos en España e que constitúe a causa principal de perda de visión parcial e cegueira.

A mácula, situada no centro da retina, é crucial para tarefas como conducir e ler e, segundo estudos realizados pola OMS, un fumador pode experimentar esta perda de visión ata cinco anos antes que un individuo sen esta adicción.

No caso das cataratas, enfermidade consistente na opacidade do cristalino que impide o paso dos raios luminosos e dificulta a visión ata poder chegar á cegueira, calcúlase que son un 40 por cento máis frecuentes entre os fumadores.

Coincidindo coa celebración do Día Mundial Sen Tabaco este próximo mércores, 31 de maio, Clínica Villoria, de Pontevedra, realizará durante todo esta semana unha campaña divulgativa a través das redes sociais e da súa páxina web para concienciar á poboación sobre os efectos adversos que o tabaco provoca na visión.

Temas: TABACO SAúDE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta