A confrontación continúa no PSOE de Pontevedra e Lugo

O PSdeG segue amosando o abertas que seguen as súas feridas en varias provinciais. Un día despois dos congresos, repítense os cruces de acusacións de vetos entre “susanistas” e “sanchistas”.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 29/05/2017 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O referente dos “susanistas”, o alcalde de Vigo dixo hoxe que “nin sequera quixen ir” ao conclave provincial do domingo. Abel Caballero esquivou as preguntas sobre o liderado da lista elixida do seu gran rival, Gonzalo Caballero.

Gonzalo Caballero nunha intervención política en Vigo
Gonzalo Caballero nunha intervención política en Vigo | Fonte: PsdeG

Caballero vs. Caballero

Gonzalo Caballero acusou ao bando do seu tío de retirarse das votacións por non conseguir vetalo a el. “Dende a candidatura de Pedro Sánchez defendemos a integración e a unidade, pero non se poden establecer vetos”, denunciou hoxe. 

O número 1 da lista de Pontevedra ao Congreso Federal do PSOE lembrou que o obxectivo destes conclaves provinciais é elixir unhas delegacións que permitan un “congreso cómodo” para Pedro Sánchez. 

Está claro que dende esta provincia non xurdirán problemas para Sánchez. Os 16 delegados elixidos onte son afíns aos sancistas. Iso si, esta lista logrou 116 dos 215 sufraxios posíbeis.

O alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez
O alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez

Con estas cifras na man, é evidente que Abel Caballero está en condicións de plantar batalla aos sanchistas a nivel provincial. O alcalde de Vigo polo agora evita o enfrontamento directo, pendente da composiciónf inal da Executiva Federal.

Sen acordo en Lugo

O PSOE de Lugo tampouco goza de unidade nin de integración. O pacto que se debuxaba para unha lista común con 10 sanchistas e 6 susanistas saltou polos aires. 

Manuel Martínez, vicepresidente da Deputación, líder provincial dos susanistas, acusa aos rivais de vetalo “sen motivo algún máis o odio e o rancor que tiñan cara a miña persoa”. Martínez di que os sanchistas usan a agulla, pero só para pinchar, e non para coser as feridas do partido.

Ante o suposto veto, o polémico alcalde de Becerreá retirou a súa lista. Os sanchistas gañaron o congreso de Lugo co 70% dos votos posíbeis.

José Luís Raposo, alcalde de Becerreá, encabezará a delegación luguesa. Raposo dixo que varios compañeiros lle pediron encabezar a delegación “falou con todos” antes de elaborar a súa selección. Nela non estarán nin a alcaldesa da capital nin o presidente da Deputación, Darío Campos, ao non lograrse unha lista de consenso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Un congresista que non foi

Eu non sei de que nos queixamos. Eses benegás tan puros eles, esquencen como se veñen desenvolvendo os últimos congresos celebrados nos que conseguiron deixar ao partido en mínimos hist´roricos. Foi acaso por empreñarse na integración? Por que se foi Beiras, quintana, aymerich, etc. Logo, se que estamos falando? Neste sistema politico que todos defenden como moi democrático o vencedor, como na Idade Media, pasa ao perdedor polas arcas caudinas,, ou non? Creo que é un erro, pero laiarse os que fan o mesmo só demostra indecencia.

1 D. Quixote xubilado

Os caballeros da Táboa redonda galega veñen loitando pola supremacía politica de Pontevedra e Galicia dende sempre. Lembremos os tempos de Dna. Urraca e a historia galega dos séculos pasdaods. Ten que quedar un só galo no curral. Así é a historia. quen se apunta para cambiala? Pablo Iglesias, acaso? Este ía para desfacedor de abusos politicos e remataou en dictador fino coma un allo. Hai algo novom no horizonte? Non. algúns sufrimos este sistema anos ha. Hoxe vemos os touros dende a barrera e podemos falar con coñecemento de causa. Outros só o fan por envexa cochina. Porca politica!!

2 EXPAÑOIS LADRONS!

Non me gusta esta cara, moito parece como da mafia siciliana... son o reverso do partido populeta!!!! fora o lixo de expañol de pe$oe, pepeiro, e podreiros! GALIZA POLA LIBERDADE!!!

1 Pai Foco

Lo que tiene que hacer el PSOE es poner en la calle al pailán ese.