Temas: LALíN

Cuíña perde a moción de confianza, pero seguirá como alcalde

O PP admite que non pensa presentar un candidato alternativo, polo que finalmente as contas rexeitadas hoxe sairán adiante dentro dun mes.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 29/05/2017 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Lalín non outorgou a confianza que reclamou o alcalde esta mañá. Os 10 edís do PP sumaron os seus votos ao concelleiro non adscrito, procedente de Compromiso por Galicia.

Xosé Crespo, ex alcalde de Lalín
Xosé Crespo, ex alcalde de Lalín

Así as cousas, a oposición ten un mes de prazo para presentar outro candidato a alcalde. Se non o fai, ou se perde esa hipotética moción de censura, Rafa Cuíña continuará no cargo e, ademais, logrará aprobar as contas rexeitadas hoxe. 

Cruce de acsacións

En opinión do político de Compromiso por Galicia, o PP está a atrasar deliberadamente as inversións en Lalín, co fin de desgastar o seu executivo. Segundo o seu criterio, é a mesma estratexia dos conservadores contra os “gobernos do cambio” noutras cidades e vilas para acusalos de inoperancia. “O dos veciños importa reletivamente, o que importa é o poder”, espetoulles.

O certo é que o líder do PP local, José Crespo, admitiu que non teñen intención de presentar unha moción de censura, polo que os orzamentos de Compromiso por Galicia sairían adiante finalmente e Cuíña continuará no cargo.

Rafa Cuíña
Rafa Cuíña | Fonte: EP

Crespo, iso si, acusou aos socios de goberno de negarse a dialogar, malia saberen que non están en minoría.  Juan José Cruz, o ex-edil de Compromiso, botou en carra aos seus ex-compañeiros inmolarse por Rafa Cuíña, a quen atacou duramente acusándo de todo tipo de artimañas.

Temas: LALíN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 anonimo

Non vos perdades ao Cruz ese!! jajajajaja o tío máis "curioso" que vin em tempo, e politicamente impresentable

1 De Lalín

Ah sí? Entón, pregúntalle a Cuiña por que o escolleu para o seu equipo municipal.