Villares (En Marea) valora que Ferreiro recoñeza que "o papel do portavoz é complicado"

O dirixente de En Marea Luís Villares valorou que o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, recoñecese que "o papel do portavoz é complicado sempre" e destacou que traballa "como desde o primeiro día" para que "todo no espazo de confluencia" sexa "o mellor posible".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 14:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O dirixente de En Marea Luís Villares valorou que o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, recoñecese que "o papel do portavoz é complicado sempre" e destacou que traballa "como desde o primeiro día" para que "todo no espazo de confluencia" sexa "o mellor posible".

O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa
O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Villares pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polas afirmacións do rexedor herculino que, nunha entrevista concedida a Europa Press, considerou "anómalo" que a lista que gañou por maioría as eleccións internas de En Marea non sexa a que coordina. Ademais, na entrevista, asegurou que "o que un espera dun portavoz parlamentario e portavoz de En Marea é que sirva de aglutinador de diferentes sensibilidades".

Respecto diso, o exmaxistrado lucense considerou que o feito de que Ferreiro recoñecese que o papel dun portavoz "é complicado" supón "un punto de partida". "Con ese punto de partida, traballamos para que todo o proceso de unidade popular siga avanzado", apuntou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Villares. Estás acabado. Sabes que se tes que ir a unhas primarias con máis candidatos ca ti, perdes. Estás moi mal acostumado a que por lei ninguén che poida retrucar. Dialécticamente es pobre, por iso nas xuventudes da upg quixeron mellor á Pontona. Xa podes ir a un acelerado de debate con pijitos da universidad, rapaz, porque te vexo mal. Vas ter un recorrido máis curto ca ti, que xa é dicir.