En liberdade con cargos polos delitos de violencia de xénero e tráfico de drogas o detido en Xinzo (Ourense)

O detido o domingo en Xinzo de Limia (Ourense) tras localizar na súa vivenda 14 plantas de marihuana e 57 doses de cannabis preparadas para a súa distribución quedou en liberdade con cargos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 15:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O detido o domingo en Xinzo de Limia (Ourense) tras localizar na súa vivenda 14 plantas de marihuana e 57 doses de cannabis preparadas para a súa distribución quedou en liberdade con cargos.

Detido en Xinzo por delitos contra a saúde pública
Detido en Xinzo por delitos contra a saúde pública | Fonte: Europa Press

Segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, o individuo quedou en liberdade con cargos investigado polos delitos de violencia de xénero e contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Axentes acudiron o domingo á vivenda do individuo tras recibir unha chamada na que se alertaba sobre un suposto caso de malos tratos no ámbito familiar.

No lugar a Guardia Civil descubriu no interior da casa 14 plantas de marihuana, unha báscula e numerosas doses de cannabis envasadas para a venda.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta