(AMP)Feijóo ve "razoable" que Cíes lidere a candidatura de Illas Altánticas ante a Unesco porque pode "fortalecela"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu este luns a proposta realizada polo PP de Vigo para mediar no conflito pola candidatura do Parque Nacional Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade da Unesco e considerou "razoable" que o nome das Illas Cíes estea presente de forma explícita nesta candidatura conxunta, dado que o seu "valor" e recoñecemento poderían "fortalecela".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 16:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu este luns a proposta realizada polo PP de Vigo para mediar no conflito pola candidatura do Parque Nacional Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade da Unesco e considerou "razoable" que o nome das Illas Cíes estea presente de forma explícita nesta candidatura conxunta, dado que o seu "valor" e recoñecemento poderían "fortalecela".

Illas Cíes
Illas Cíes | Fonte: Europa Press

Fronte ás críticas vertidas desde a Alcaldía de Vigo, que reclamou a declaración de Patrimonio da Humanidade para a candidatura das Illas Cíes en solitario, o PP vigués propuxo a declaración conxunta de Illas Cíes Parque Nacional das Illas Atlánticas, de modo que o nome do arquipélago se explicitase na proposta da Xunta ante a Unesco.

Sobre esta cuestión, o presidente galego eloxiou a proposta do PP vigués como "intelixente", "razoable" e "construtiva" e admitiu que "ben merece ser estudada e valorada" por parte do Goberno galego.

Así, Núñez Feijóo admitiu que as Illas Cíes son "a parte máis coñecida e máis importante" do parque das Illas Altánticas, polo que "pór en valor" o seu nome na candidatura conxunta podería "fortalecela "ante a Unesco e mellorar as súas posibilidades de "éxito".

"Todo o que sexa conseguir esa candidatura cunha resolución feliz, merece a pena ser atendida", dixo o presidente galego, que ratificou que a Consellería de Cultura xa está "a atender esta proposta" para que a galega sexa "unha candidatura gañadora".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta