Uns 30 barcos partirán de Burela (Lugo) para a costeira do bonito

O patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela (Lugo) e presidente nacional da xunta de confrarías, Basilio Otero, calcula que "sobre 30 barcos" partirán do porto lucense para a costeira do bonito deste ano.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 17:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela (Lugo) e presidente nacional da xunta de confrarías, Basilio Otero, calcula que "sobre 30 barcos" partirán do porto lucense para a costeira do bonito deste ano.

"Se non esta semana para a que vén xa sairán. Esperarán a que pasen as festas (de Burela, este fin de semana). Este ano hai poucos barcos de gran porte que saian, serán máis pequenos e estes saen tamén máis tarde", indicou.

Basilio Otero augura que para esta campaña sairán menos barcos, despois de que o pasado ano fose "un desastre".

Non oculta que "non son perspectivas boas para os armadores xa que moitos barcos grandes de porte non van ir porque o ano pasado foi un desastre de campaña e este ano moitos non queren repetir". "Tamén houbo problemas cos peláxicos", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta