SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 17:35 por EUROPA PRESS
O presidente da Cámara de Representantes da República Oriental de Uruguai, José Carlos Mahía, visitou este luns o Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo titular do Lexislativo galego, Miguel Ángel Santalices, que estivo acompañado polo resto de membros da Mesa da Cámara autonómica.
Durante a entrevista, celebrada no despacho do presidente do Parlamento galego, Mahía e Santalices abordaron o funcionamento do lexislativos uruguaio e galego, e da situación da colonia galega residente en Uruguai.
O presidente da Cámara de Representantes de Uruguai asinou no libro de honra do Parlamento de Galicia.
Pola súa banda, Santalices explicoulle a Mahía o funcionamento do Lexislativo autonómico e os cambios no regulamento encamiñados "a facilitar a participación cidadá na vida parlamentaria", así como "os avances en materia de transparencia".
POSIBLE ACORDO DE COLABORACIÓN
Igualmente, falaron da posibilidade de establecer algún tipo de acordo de colaboración no futuro, entre a Cámara de Representantes de Uruguai e o Parlamento galego.
A visita da delegación uruguaia ao Parlamento acabou cun percorrido polo Pazo do Hórreo. Posteriormente, Santalices acompañou á delegación uruguaia na recepción ofrecida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Pazo de Raxoi.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.