Acouga cre que a vía extraxudicial do Goberno para cláusulas chan "acentúa a desigualdade" entre banco e cliente

Insta os consumidores a buscar asesoramento antes de alcanzar un acordo

A CORUÑA | 29/05/2017 | Actualizada ás 18:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) cualificou de "moi negativa" a aplicación do Real Decreto de Medidas Urxentes de Protección de Consumidores en Materia de Cláusulas Chan xa que, na súa opinión, "acentúa as desigualdades" entre os bancos e os consumidores.

Nun comunicado, o presidente de Acouga, Manuel Pérez Arias, sostén que esta asociación xa advertiu de que o sistema proposto polo Goberno "non creaba mecanismos de mediación ou arbitraxe senón que establecía unha mera capacidade de reclamación extraxudicial que o único ao que obrigaba á entidade era unha contestación por escrito".

Pola súa banda, o secretario xeral de Acouga e letrado, Xoan Antón Pérez-Lema asegura que "ningunha entidade está a incorporar a súa oferta económica os intereses legais de demora polas cotas indebidamente pagas polo cliente".

RECOMENDACIÓN A CONSUMIDORES

Por iso, esta asociación recomenda aos consumidores que non sigan a vía extraxudicial ou que, en caso de facelo, "busquen o debido asesoramento para que o primeiro contacto co documento non sexa xa a propia oficina para asinar o acordo".

Respecto diso, lembra que Acouga presentou unha demanda ante o Tribunal Supremo para que se declare erro xudicial a sentenza de maio de 2013 que limitou a esa data os efectos retraoactivos de reintegro das cantidades indebidamente cobrados polos bancos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta