Rural.- Máis de 500 mozos solicitan as axudas de incorporación ao rural da Xunta

O programa de axudas para a incorporación de mozas ao rural galego recibiu 540 solicitudes, 200 menos que o pasado ano, cando se alcanzou o máximo histórico con 784 peticións das que finalmente cumprían os requisitos 618.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 18:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O programa de axudas para a incorporación de mozas ao rural galego recibiu 540 solicitudes, 200 menos que o pasado ano, cando se alcanzou o máximo histórico con 784 peticións das que finalmente cumprían os requisitos 618.

CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL ANXOS VÁZQUEZ VISITA A EXPLOTACIÓN DE CABUXA NATUR
CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL ANXOS VÁZQUEZ VISITA A EXPLOTACIÓN DE CABUXA NATUR | Fonte: Europa Press

Así o anunciou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a súa visita este luns na explotación ovina 'Cabuxa Natur', situada no Concello de Guntín (Lugo), segundo informou a Xunta a través dun comunicado.

"Só en dous anos máis de 1.300 mozos mostraron o seu interese por incorporarse ao rural. Levamos dous anos moi bos onde os mozos volven ao rural porque o ven como unha alternativa económica e de emprego", declarou Vázquez.

En canto aos plans de mellora, este ano rexistráronse 1.610 solicitudes, polo que o número de agricultores que decidiron presentar un proxecto para modernizar as súas explotacións nos dous últimos anos elévase ata os 3.800.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta