UU.AA. pide adaptar ao rural a lei de protección animal e "diferenciar" o caso de cans pastores ou de caza

Advirte que non se pode equiparar con malos tratos os posibles danos que sufran cans "no desenvolvemento do seu traballo"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 18:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) informou de que mantén contactos cos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, co fin de alcanzar un consenso sobre a necesidade de modificar puntualmente o anteproxecto de lei de benestar de animais domésticos, antes da súa aprobación definitiva, para evitar "futuras situacións absurdas" no rural galego.

UU.AA. subliña que esta lei, "concibida para mascotas en contornas urbanas", pode estar "máis ou menos acertada" para regular a tenencia e evitar os malos tratos de cans de compañía, pero "non considera as especificidades dos cans de caza mentres desenvolven ás súas tarefas específicas".

"Igualando posibles lesións dos animais no desenvolvemento das súas tarefas (lesión dun mastín nun enfrontamento cun lobo defendendo un rabaño, lesión dun can de caza po run xabaril) directamente malos tratos animais, sen facer distincións de matices. As sancións por este concepto van de 5.001 a 30.000 euros", remarcou.

"É lóxico sancionar a un maltratador dun animal, pero non é lóxico non facer distinción clara na lei do que é malos tratos, doutras situacións con posibles danos dos cans no desenvolvemento do seu traballo", engadiu.

Segundo UU.AA., esta "falta de separación clara" no actual anteproxecto de lei fai que se poidan dar "situacións grotescas", como que se denuncie a un propietario dun mastín de garda por "poñer en risco a vida do seu can ao ter como fin enfrontarse ao lobo" ou que se sancione ao propietario dun can de caza porque resulte ferido nunha batida de xabaril.

NORMAS "EQUILIBRADAS"

UU.AA. advirte que o Parlamento debe estar para desenvolver "normas equilibradas" que faciliten o desenvolvemento das actividades cidadás e pide adaptar esta norma "á realidade" rural.

"Facer impracticable a caza para poder xestionar a fauna salvaxe, ou a defensa de rabaños do lobo mediante o emprego de cans, en nada axuda á protección dos animais nin ao futuro do rural", resolveu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta