A Policía Autonómica realizou a pasada semana máis de 100 inspeccións de control da venda de alcol a menores

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 104 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de Prevención de Bebidas Alcohólicas en Menores en nove municipios galegos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2017 | Actualizada ás 19:06 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 104 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de Prevención de Bebidas Alcohólicas en Menores en nove municipios galegos.

En concreto, realizaron 18 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcol/tabaco e drogas en menores de idade) nos concellos da Coruña, Lugo, Ordes, Oroso, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Vilagarcía.

Segundo explicou a Vicepresidencia da Xunta, como resultado do dispositivo levado a cabo foron levantadas 16 actas de infraccións por venda e consumo de alcol. Tamén se levantou unha por venda de tabaco e tres por consumo de drogas en menores. Ademais, foron identificadas 101 persoas e inspeccionadas 104 zonas de lecer, locais e centros comerciais.

A Policía Autonómica, desde a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da normativa, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como de que, por parte da Policía Autonómica continuarase coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta