Por Galicia Confidencial | Sada | 31/05/2017 | Actualizada ás 15:02
Lorenzo, secretario e tesoureiro da citada Asociación, concede que a homosexualidade está “éticamente en un plano más elevado que el bestialismo o la pedofilia” pero no mesmo plano que a poligamia e o incesto.
Na súa opinión, existe un lobby gay que impide perseguir este comportamento e o PP non lle mete man como debera por medo a reacción do electorado.
Lorenzo, codirector do bufete LMabogados cualifica aos participantes no desfile do Orgullo de “engendros” e conclúe que “una cosa es el homosexual respetable y otra el maricón ostentoso”.
Segundo recolle La Opinión, o presidente da patronal de Sada defendeu o artigo. En opinión de Bernardo Valiño trátase dun artigo “valente e correcto” e falar de “maricones ostentosos” non é insultante.
A nivel político, o BNG de Sada anuncia “presentación dunha moción no vindeiro pleno na defensa dos nosos dereitos, contra a homofobia e a misoxinia”. O partido local Sadamaioría “amosa a súa absoluta repulsa” e defende “un concello aberto, plural e inclusivo, no que non teñen cabida accións ou declaracións de índole racista ou discriminatoria”.
Non é a primeira vez que Lorenzo provoca polémica. En previas ocasións relativizou a violencia de xénero: “Quizás haya algo de primitivo y antropológico en maltratar. Algo natural, por más que sea detestable en nuestra sociedad”. Nel tamén ataca a "feminazis que ven el machismo acechar detrás de un hombre que abre una puerta a una mujer, detrás del que orina erguido, detrás del que regala flores, detrás (encima) de la postura del misionero”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.