Feijóo acusa aos manifestantes de Santiago de “agredir” aos policías e critica a “pose” de Noriega por apoialos

Asegura que o colectivo Escárnio e Maldicer “non é estritamente cultural” e “non respecta as normas de convivencia”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 01/06/2017 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A carga policial do pasado martes en Santiago está dando moito que falar. Ás crítica do PPdeG ao Concello de Santiago e Compostela Aberta por apoiar aos manifestantes, súmase a do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que foi moito máis crítico que os dirixentes do seu partido en Santiago e acusou aos participantes nesa marcha –que rematou con cargas policiais e un detido-- de “agredir” aos policías. Tamén aproveitou para cargar duramente contra o rexedor compostelán, Martiño Noriega, por apoiar a estes grupos.

Manifestación en Santiago en contra do peche dun centro social nun edificio ocupado
Manifestación en Santiago en contra do peche dun centro social nun edificio ocupado | Fonte: EP

“Eu estou cos funcionarios, que teñen familia e fillos, e que foron agredidos por uns poucos que intentan impoñer os seus métodos á maioría”, dixo o presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “Eu estou a favor das forzas de seguridade do Estado e do cumprimento das sentenzas xudiciais”, engadiu.

Ademais, acusou ao colectivo Escárnio e Maldicer, que ocupaba o edificio desaloxado na mañá do martes, de “non ser estritamente cultural”, de “non respectar as normas de convivencia” e de “agredir a funcionarios públicos”. 

Críticas a Martiño Noriega

Feijóo tamén aproveitou a ocasión para criticar a Martiño Noriega e o seu grupo de goberno. “Ás veces as poses de ser partido alternativo pois se lle van das mans”, ironizou ou insistir en que o que fixeron os policías foi cumprir con sentenzas xudiciais “que lle dán a razón aos propietarios do inmoble”. 

Sobre as críticas do rexedor de que non foi informado do gran despregue policial, o presidente galego tirou de ironía: “Tamén me podo queixar eu porque tampouco fun informado”. Neste sentido, suliñou que “é imposible” que todas as administracións sexan informadas de situacións nas que se despregan os corpos policiais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Imos bombardear Compostela

Veña Frijoles, se os manifestantes foran eses que vostedes chaman "oposición" venezolana, queiman autobuses, fan barricadas onde morren motociclistas ao evitalas, onde queiman a quén lles cheire a chavistas, que pagan a menores por participar en actos vandálicos, con diñeiro dos oligarcas e os imperialistas, onde asesiñan a persoas en atentados de falsa bandeira, onde queiman hospitais infantís, onde disparan e agreden as forzas do orden...

2 O Vinculeiro

Pois se Feijoo está a favor das sentencias xudiciais, ben podía facer que o seu compañeiro de partido Telmo Sanmartin, pagase os 3 millóns de euros de multa por sobrecostes en VPO e non perdoarlle a "deuda" nun consello da xunta como aconteceu. Unha proposta a GC, porqué non facer un artigo de revisión (ou varios) sobre o señor Telmo, persoeiro ilustre, alcalde/constructor e membro do máis ruin do partido podre...máis que nada para contrarrestar un pouco a La Voz de Galicia que case lle fai unha homenaxe pola súa volta ó cargo...

1 oxymandrias

onde estaba a policía cando o frijoles estaba de "cruceiro de verán" cos seus "amigos do narqueo" pena e que non o collesen coa fariña nas mans enton si que ia ser!!!! claro que daquelas o partido populeta estaba moi metido na "merda" na porcallada estaban financiando, estaban moi metidos, moito mais que o da inocente herba porreira... tanto o pepeiro coma o podreiro esta actuando contra o pobo galego! están sacándose a carouta de demócratas... caeron todos en illuminatis, en fascinerio, no lado oscuro da forza!!!