A Xunta quere que os nenos de menos de tres anos tamén aprendan inglés

A Xunta promocionará a aprendizaxe de idiomas con 70 millóns de euros e quere que o 100% dos centros poidan ter ou un auxiliar de idiomas, ou unha sección ou centro bilingüe en 2020. “A aposta polo multilingüismo non foi ben entendida ao principio, pero para nós foi un deber para crear un futuro mellor”, di Feijóo.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 01/06/2017 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

Hai uns días, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informaba de que a Xunta investiría 240.000 euros no Instituto da Lingua Galega (ILGA) para realizar varios informes co obxectivo de coñecer estratexias para potenciar o galego entre os máis novos. Un diñeiro que é irrisorio se se compara cos 70 millóns que destinará para un novo plan multilingüe que ten coma obxectivo estender o coñecemento de linguas estranxeiras, preferentemente o inglés, a todos os centros escolares.

Nenos nunha escola infantil
Nenos nunha escola infantil | Fonte: centros.edu.xunta.es

Edulingüe é a nova estratexia para a aprendizaxe de linguas estranxeiras que ten que estar operativa en 2020. E, entre os seus principais obxectivos, que o 50% dos centros educativos galegos sexan plurilingües, crear 600 novas seccións bilingües e duplicar o número de auxiliares, de 500 a un milleiro. “Do que se trata é de estender o plurilingüismo ao 100% dos centros escolares”, dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación deste plan xunto co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Deste xeito, ao rematar 2020, todos os centros educativos deberán contar cunha sección bilingüe, ser centros bilingües ou ter algún auxiliar de conversa estranxeiro. Por iso, a estratexia educativa da Xunta pasa por facer que os nenos de infantil, de 0 a 3 anos, tamén aprendan inglés. Para iso, unha terceira parte do seu tempo escolar deberán falar neste idioma. 

Títulos de idiomas

O mesmo pasará cos estudantes de Formación Profesional (FP), que deberán dar a terceira parte das materias nunha lingua estranxeira para tentar acabar o ciclo co título B1 ou B2 acadado. Tamén se aumentarán os centros con Bacharelato con excelencia en idiomas, para que, ademais de practicar una lingua estranxeira a terceira parte da súa educación, poidan ter de dúas a tres horas máis estracurriculares nese idioma. “O obxectivo é que poidan acadar o nivel B2 de inglés”, suliñou o conselleiro na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. 

Feijóo no Consello
Feijóo no Consello

Ademais, o novo plan da Xunta recolle un plan específico para a formación do profesorado. Se ata o momento, despois de oito anos de goberno de Feijóo, se multiplicaron por dous os docentes que obtiveron o título B2 de inglés –segundo os datos da Xunta, o obxectivo da nova estratexia é que o 30% dos docentes galegos poidan acadar o título C1, que é un dos máis esixentes e con altísimas competencias lingüísticas nunha materia estranxeira. Despois dese só está o C2, que supón o coñecemento dunha lingua a nivel nativo. O obxectivo é chegar a 18.000 docentes. E como se vai facer iso?, “con motivación e incentivos aínda que sabemos que é difícil”, recoñecía Román Rodríguez.

“Edulingüe aposta pola aprendizaxe integral, o dominio dunha lingua estranxeira, apostar pola obtención de certificados oficias de linguas e ampliar a oferta de aprendizaxe a alumnos e docentes. E todo isto, por suposto, coa participación das familias e do profesorado no proceso”, indicou o conselleiro. Ademais se potenciarán os graos e master en inglés. E para acadar todo isto haberá “bonificacións” que axuden a aprender esa lingua estranxeira.

“Un futuro mellor”

“Desde o 2009 apostamos para que os estudantes tiveran mellor competencia en galego, castelán e tamén en inglés. Esa aposta non foi ben entendida ao principio, pero para nós foi un deber para crear un futuro mellor. E agora está dando os seus froitos”, dixo Feijóo referíndose a Lei do Plurilingüismo que tantas críticas suscitou na oposición.

“O que queremos é que os nenos poidan expresarse nas linguas que máis se falan no mundo; en inglés que unha das linguas máis faladas, en galego que os aproxima ao mundo lusófono e en castelán, que tamén é un deber constitucional”, salientou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

6 Baldomero

Agora que comezan a saír os primeiros estudos sobre a implantación das seccións bilingües en España, e os resultados son negativos, como os que se deron a coñecer en Madrid ( http://politica.elpais.com/politica... a Xunta de Feijóo teima nun modelo errado, cunha metodoloxía discutible e uns medios, humanos e materiais, máis que pobres. Botaron abaixo as inmersións lingüísticas no estranxeiro para o alumnado e aprobaron un decreto que tan só perseguía gañar votos co confinamento do galego. E perserveran no modelo equivocado.

5 Yayy

Que bien así no hace falta crearles empleo en Galicia con el inglés se pueden ir fuera que as es este feijoneta

4 Colonialistas fracasados

Agora que na UE o inglés pasa a ser irrelevante, despois do Brexit. . Agora que o imperio anglo-sionista está en total decadencia e os epicentros económicos mundiais se desplazan a Ruta da Seda, e o reaccionario Trump acomete unha cruzada contra os hispanofalantes na USA. Agora que tanto no audiovisual coma no futuro económico por Brasil, saber falar o galego-portugués resulta ser imprescindible...van os "singermorning" corruPPtelas apostando a cabalo perdedor.

3 Xosé

Incentivos para aprender inglés!? Pero non era que incentivar unha lingua era impoñela e que habia que deixar que cadaquén falase o que quixera!? Señor Feijóo, aclarese! Se non vale para o galego tampouco para o Inglés.

2 Suso Moinhos

O inglês nom é umha língua oficial e damos-lhe trato preferente, por diante da nossa, que bem nos custou ferro e farinha que tivesse caráter de co-oficial. Imperialismo linguístico ao serviço da aceleraçom da perda brutal de falantes de galego.