A Xunta obrigará aos buses dos enterros a que recollan viaxeiros entre localidades

Feijóo asegura que é unha solución novidosa e que axudará a vertebrar Galiza de norte a sur.

Por GcToday | | 04/06/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Xunta autorizou no día de onte a integración do servizo de autobuses fúnebres e o transporte regular de viaxeiros. A partir de setembro aproveitaranse as prazas libres nos autocares que trasladan á xente aos enterros para que poidan ser utilizadas por outros usuarios para moverse dunha localidade a outra.

Autobús de Monbús
Autobús de Monbús | Fonte: wikimedia

Este foi un dos acordos adoptados esta mañá no Consello da Xunta. “Hai omnibuses que só levan ocupadas o 50 por cento das prazas”, argumentou Feijoó. Nos próximos días a Consellería de Infraestruturas sacará a exposición pública o novo mapa de transporte de viaxeiros que concretará as rutas para que as empresas contratadas para os enterros poidan planificar os seus viaxes.

Para a Xunta de Galiza esta é unha dobre oportunidade tanto para as persoas que coa renuncia das concesionarias de transporte non poderían viaxar entre localidades da súa provincia, pero tamén o é para os propios asistentes aos enterros, como unha nova maneira de coñecer xente, máis alá dos seus círculos próximos.

Este servizo, como ate o de agora, sería pagado íntegramente polos falecidos ou polos seus familiares polo que o aforro para a Xunta sería do 100%. O presidente, Alberto Núñez Feijóo afirmou ademais que a maioría dos galegos e galegas, sobre todo os de idade avanzada, ao teren pagado o seu seguro de decesos no que se inclúe este servizo, non repercutirá nun gasto adicional para eles. “É hora de arrimar o ombreiro, e non só para portar á caixa” concluíu Feijóo.

Temas: HUMOR TRANSPORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

moi boa idea... as empresas de seguros baixarán as primas ao aforrar no transporte e así reactivamos a economía no país dos mortos...!!!

2 anonimo9792

Bastante viejo, la verdad. En Lugo hay gente que escucha las esquelas radiadas por la COPE y la SER para ver si suena la falta de que la ruta del bus 'funerario' - cuyo horario y recorrido se dan con todo detalle en ésta - le puede acercar a su destino. Digo Lugo por que de ahí soy; me imagino que en el resto de la Galicia rural pasará tres cuartos de lo mismo.

1 Arturo

Mais. Queremos mais caña, mais agresividade, mais mal café. E queremos que os redactores de GC métanse con mais estamentos sociais, e con mais partidos. Sobra talento para eso e para moito mais.