Temas: HUMOR CELTA

Unzué ficha polo RC Celta de Mos

Unzué ficha pola equipa celeste e substituirá a Berizzo á fronte do RC Celta de Mos.

Por GcToday | Vigo | 07/06/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Mos oficializou a fichaxe de Juan Carlos Unzué despois de que o o adestrador navarro rematara a súa traxectoria en Barcelona. O adestrador asinará por dúas tempadas ca equipa mosense e agárdase del o mesmo rendemento que o seus predecesores, Berrizzo e Luís Enrique.

Juan Carlos Unzué e o presidente Mouriño na firma do contrato.
Juan Carlos Unzué e o presidente Mouriño na firma do contrato. | Fonte: @RCCelta

O novo adestrador xa amosou a súa satisfacción por fichar pola equipa de Mos. “Ten un bonito concello limítrofe que é Vigo”, declarou.

Tanto a directiva e o corpo técnico destacan que o técnico foi unha boa elección. “É de Navarra que veñen a ser como vascos pero non son vascos. Aquí vaille pasar o mesmo. Os de Mos parecen de Vigo pero non o son”, engadiron fontes próximas á directiva celeste.

O clube celeste está envolto na polémica polo cambio de localidade da equipa. Segundo parece Mos ten todas as papeletas para facerse coa franquicia mais aínda non se pode descartar que marche para o Concello de Cambre ou, incluso, para o de Coruña.

Temas: HUMOR CELTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta