Un deputado do PPdeG tamén dá exemplo de paternidade na Cámara galega

César Fernández Gil será o primeiro parlamentario que delegue o voto. "A corresponsabilidade no coidado e a crianza é algo que se debe ver con absoluta normalidade", sinala.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2017 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

Un deputado do PPdeG, César Fernández Gil, será o primeiro que se acolla no pleno do Pazo do Hórreo á delegación de voto despois da súa recente paternidade, un paso que xa dera antes algunha deputada galega pero ningún parlamentario ata agora.

O deputado do PPdeG César Fernández Gil
O deputado do PPdeG César Fernández Gil | Fonte: youtube

O portavoz popular na Cámara galega, Pedro Puy, sinalou este luns que o seu voto sumará "dobre" no pleno desta semana, tendo en conta que Fernández Gil acolleuse ao dereito a delegar o voto que lle permite o regulamento autonómico.

A decisión xa foi ratificada pola Mesa, segundo explicou Puy, quen lembrou que as condicións de traballo dos representantes dos galegos non están reguladas pola normativa laboral, polo que non dispoñen, por exemplo, de baixa por paternidade.

Deste xeito, a súa ausencia en órganos como as comisións parlamentarias pode ser suplida por outros compañeiros, pero non así no pleno do Parlamento, que esta semana alberga unha sesión e onde optou pola delegación de voto.

"NORMALIDADE"

En declaracións a Europa Press, César Fernández Gil, que foi pai por segunda vez hai unha semana, minimizou a importancia deste paso e subliñou que "o que pretende" é acollerse a un dereito que lle permite o regulamento. O obxectivo é "conciliar".

"Entendo que é unha cuestión de plena normalidade; a corresponsabilidade coa nai no coidado e a crianza dos fillos é algo que se debe ver con absoluta normalidade", defendeu.

Co seu segundo fillo recentemente nado, considera "un avance" que o regulamento da Cámara dea esta opción de delegar, tendo en conta que os deputados están sometidos a unhas condicións laborais distintas ao resto de traballadores.

Tags: IGUALDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Doutor amor

Efectos da oxitocina... Pronto se lle pasa ;-)

1 Berenguela

Corresponsabilidade ou aproveitado? O traballo no fogar e o coidado da crianza seguro que llo deixa á nai. Se fora nacionalista pensaría outra cousa. Nun do PP non é crible.