David Vidal, despido tras ascender

O Lorca anuncia que o técnico de Portosín, que non asistiu ao enterro da súa nai para preparar un encontro co seu equipo, non seguirá no banco murciano malia o ascenso a Segunda División e malia “o pacto verbal” que tiña co presidente chinés Xu Genbao.

Por gcdeportes | Compostela | 05/06/2017 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

Unha historia repetida. Outra vez o bo de David Vidal que recibe o despido como premio a un ascenso. No 2003, o Real Murcia; no 2017, o Lorca, que ven de anunciar que prescinde dos servizos do técnico galego para sorpresa do de Portosín, que denuncia que había “un pacto entre cabaleiros” co presidente Xu Genbao para renovar.

David Vidal, mollado polos seus xogadores.
David Vidal, mollado polos seus xogadores. | Fonte: laverdad.es

David Vidal non sae do seu asombro trala decisión do Lorca FC de non renovarlle tras ter acadado o ascenso a Segunda División no play-off de campións contra o Albacete. O adestrador, que renunciou a asistir ao enterro da súa nai para preparar un partido co Lorca e que se enterou da nova por unha radio local, denuncia que o presidente chinés Xu Genbao ofreceulle a renovación, que pecharon cun apertón de mans. "Vímonos no hall do Hotel Thalasia de San Pedro del Pinatar –onde residía o técnico dende que fichou polo Lorca-. El ía coa súa muller e co traductor, que me preguntou se estaba disposto a seguir un ano máis, ao que contestei que si e dímonos a man”, relatou na Cope o propio David Vidal.

O técnico de Portosín, de 66 anos, ten previsto falar co Colexio de Adestradores para denunciar o trato recibido, pero a decisión non vai mudar. "O Colexio de Adestradores ten que darme a razón neste tema. Prometéronme un ano para traballar e quero cumplilo”, dixo Vidal, que pouco antes de coñecerse a nova visitou a sede do club e non lle comunicaron nada. Unhas horas despois, mentres viaxaba en coche de regreso a súa casa en Cádiz, o Lorca emitiu un comunicado informando da non continuidade do técnico galego, que entendía que se gañara a renovación.

David Vidal (Portosín, 2 de agosto de 1950) fichou polo Lorca a principios de abril. Tras tres vitorias e dous empates, o Lorca FC, fundado no 2002, rematou líder do grupo IV da Segunda B e tras superar a eliminatoria co Albacete con dous empates, converteuse en novo equipo da Segunda División. Este pasado domingo, perdeu o título de campión da Segunda B tras caer 3-1 coa Cultural Leonesa, na que foi a primeira derrota do Lorca con David Vidal tras oito partidos (tres vitorias e 5 derrotas). Agora, David Vidal, afincado dende hai anos en Cádiz, revive en Lorca o mesmo que lle ocorreu na tempada 2002-2003, cando ascendeu o Real Murcia a Primeira pero non puido adestrar o equipo na máxima categoría.

David Vidal, todo espectáculo, volve ao campos no Guadalajara.
David Vidal, todo espectáculo, volve ao campos no Guadalajara. | Fonte: @deporguada
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antinostrus

Esto é todo una farsa....aquí hai un acordó polo baixo..una especie de clausula contractual oculta que él impón....ao estilo do Mafiosillo da Orquestra Panorama ..David Vidal prefire estar no seu Cortixo aguardando a que en Marzo-Abril o chame algún Presidente afogado e así pedir a cantidade astronómica que queira por salvar-lle ao club, que enfrontar-se ao tedio de toda una longa tempada......xa perpetrou idénticas manobras co Murcia e co Albacete ....claro que hai que salvá-los, o que non é moco de pavo... (algún mérito tiña que ter este pillabán para diferenciar-se dos Impresentabeis- como malandros nacidos na Galiza - Mononeuronais tipo Nostrus ou Buff).