GC Aberto

A difícil pero necesaria unidade da esquerda en Galiza

“A​ ​esquerda​ ​destácase​ ​por​ ​exhibir​ ​o​ ​que​ ​Freud​ ​chama​ ​o​ ​narcisismo​ ​das​ ​pequenas​ ​diferenzas,​ ​polo que​ ​a​ ​miúdo​ ​arrebata​ ​a​ ​derrota​ ​das​ ​fauces​ ​da​ ​vitoria”​ ​(Susan​ ​George).

Por manoel | Compostela | 06/06/2017

Comparte esta noticia

Manoel Barbeitos

Ana Pontón (BNG), Luís Villares (En Marea) e Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG).
Ana Pontón (BNG), Luís Villares (En Marea) e Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG).

Cando tódalas evidencias confirman, un día si e outro tamén, que tipo de organización é o Partido Popular (PP). Unha organización delictiva con numerosísimas tramas corruptas (Gurtel, Pokemon, Andratx, Arena, Barcenas, CAM, Campeón, Emarsea, Fabra, Nóos, Palma Arena, Punica, Baltar, Cela, Campeon, Conde Roa, Retablo..), que conta co apoio de xuíces, fiscais, banqueiros, grandes empresarios e medios de comunicación e opinión para realizar, e logo intentar ocultar, as súas falcatruadas. Unha organización de cuxa dirección forma parte o actual Presidente da Xunta de Galiza –Alberto Núñez Feijoo-. Cando todo isto sucede en Galiza, e en España, a esquerda galega ten a responsabilidade e a obriga de presentarse diante cidadanía como unha real alternativa de cambio. Unha alternativa seria, responsable, crible, libre de corrupción e transparente.

Gobernados durante moi longos períodos de tempo por un partido (PP) que é líder da corrupción en Europa, tal que os poderes xudiciais xa o deberían ter disolto. Nunha situación social e económica que podemos cualificar de límite –o estado español converteuse nun dos estados europeos con maiores niveis de desigualdade, cuns niveis de exclusión social e pobreza sen precedentes-. Neste marco as clases populares galegas, maioritarias en Galiza, precisamos dunha esquerda que centrada nos problemas da maioría social presente unha alternativa de cambio que se gane definitivamente a confianza da maioría social de Galiza. Unha esquerda, xa que logo, que socialmente sexa maioritaria.

Pero para conseguilo a esquerda galega debe deixar atrás vellos e caducos dogmas que xa non son válidos nunha economía mundo capitalista que está na fase da mundialización neoliberal. Debe deixar atrás e superar vellos antagonismos que, como ten demostrado sobradamente a historia, so favorecen as forzas conservadoras (PP). Si nalgunha fase histórica a batalla política entre nacionalistas e non nacionalistas, entre socialdemócratas e comunistas tivo algunha xustificación, hoxe xa non a ten. Si logo da caída do muro de Berlín, co conseguinte derrube dos rexímenes de leste de Europa, e o auxe da mundialización neoliberal esas divisións xa perderan a súa razón de ser. Agora que non so vivimos tempos críticos e de emerxencia, senón que vivimos unha crise sistémica esa división non é politicamente xustificable.

Por que digan o que digan os gobernos, as clases dominantes e os seus altofalantes estamos inmersos nunha crise global, nunha crise sistémica cuxas expresións mais relevantes son a grande corrupción, a crecente desigualdade social e territorial e o intenso deterioro do medio ambiente. Expresións que teñen causas políticas –as políticas de austeridade- quen, en Galiza e en España teñen tamén un actor principal –que non único- que é o partido actualmente gobernante (PP). Un partido que si goberna a Xunta de Galiza grazas a súa maioría no Parlamento galego faino dun xeito claramente absolutista, con formas as mais das veces despóticas e fachendosas propias da súa orixe franquista.

Neste contexto a esquerda galega deberalle ser fácil de entender e de asumir que, se queremos realmente reverter a actual situación, compre sumar forzas para participar, dende Galiza, no imprescindible e urxente cambio de sistema. Cambio que so será posible se a esquerda política e social e quen de limar as pequenas diferenzas e artellar un programa común –aínda que sexa de mínimos-. Un programa que teña como obxectivo central rematar coa crise sistémica que nos asolaga para “abrilas grandes alamedas, por onde pase o home libre para construír unha sociedade mellor”.

Un cambio que precisa dos partidos galegos de esquerda (EN MAREA, PSdG-PSOE e BNG) altura de miras e xenerosidade pero tamén ter claras as prioridades políticas. Prioridades que, hoxe por hoxe, pasan por desaloxar do gobernos das institucións políticas galegas (Xunta, Deputacións, Concellos) ao partido mais corrupto de Europa (PP). Altura de miras para entender que estamos diante dunha crise sistémica que desborda a capacidade de resistencia e potencialidade política de cada un dos partidos. Xenerosidade para entender que é preciso tecer alianzas que a súa vez precisan de amplos acordos pero tamén de cesións mutuas. Algo que digan o que digan os nomenklaturistas dos partidos, mais interesados polo seu futuro que polo do país, é posible e viable ademais de necesario.

Velaí a urxencia de que as tres organizacións políticas galegas de esquerdas (EN MAREA, PSdG-PSOE e BNG) axusten os seus programas e fortalezan as súas organizacións por que malamente procuraremos esta unidade das esquerdas si, por caso, non somos quen de estar unidos cada quen na súa propia familia política.

O tempo será testiño e xuíz. A esquerda en Galiza xa dou, tamén, sobradas mostras da súa crónica capacidade para inmolarse e fagocitarse. Volveremos a caer nos mesmos erros, camaradas?. Seguiremos mirándonos o embigo e anulándonos compañeiros de EN MAREA?.

Camaradas vivimos tempos escuros pero tamén perigosos e poida que decisivos. Velaí o auxe dos partidos fascistas en toda Europa. En Galiza, como en España, ese espazo está agora ocupado polo Partido Popular (PP). Por iso vivimos tempos que nos esixen, como sinalaba antes, altura de miras. Altura de miras para entender que as posibles liortas internas amais de non ter xustificación política non fan mais que favorecer as dereitas conservadoras. Liortas internas que, por outra parte, non son entendidas polas clases populares, que dicimos representar, por ser alleas aos seus reais problemas. Non son entendidas por que ninguén as entende senón é en clave moi particular –“quítate ti que me quero poñer eu”- algo que non debera ser propio das forzas de esquerdas.

Por caso, as clases populares galegas poden entender que é  o que realmente move a algúns respectados dirixentes políticos a impedir que EN MAREA remate por consolidarse como a alternativa galega de esquerdas que di querer ser e que o país precisa?. A critica nas organizacións de esquerda non so é necesaria senón que imprescindible. Pero debe ser unha crítica con contidos e alternativas amais de construtiva. Pero eu me pregunta: na critica destes dirixentes tanto a coordinadora de EN MAREA como ao seu portavoz (Luís Villares), cales as razóns?, de que se lles critica?, en que se fundamentan?, que propoñen?.  Realmente estes dirixentes apostan por que EN MAREA sexa unha alternativa estratéxica e non so unha opción táctica?. 

Por unha evidente falta de claridade estes dirixentes deberan lembrar  que aquilo que, dun xeito demasiado pomposo, dixo un líder famoso: “a historia me absolverá” con frecuencia non se compre. Que moitas veces a historia condena aos políticos que non son quen de estar a altura das circunstancias e das necesidades do seu pais.

Pois ben, eu non quixera estar no pelexo daqueles dirixentes que, por unhas pequenas diferenzas, foran quen de impedir que EN MAREA se consolide, impedindo así que en Galicia se produza o cambio político que as clases populares e todo o pais precisa urxentemente. Non quixera estar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Hiperia

Unidade para trincar...Como si la izquierda gallega y española, o los nacionalistas catalanes no tuviera montones de casos de corrupción en su haber.

1 Tédelos cadrados!!!!

ja ja ja ja, cada día quedo máis abraiado por aqueles que teñen a cara tan dura como para defender ao partido máis corrupto de Europa, unha organización que se pode afirmar que é unha asociación de mafiosos

3 Gamela

Aportando datos: http://www.galiciaconfidencial.com/... O problema da esquerda: https://goo.gl/L8xKOh Villares só serve para "cagar sentenzas" (e poucas!)

2 Pequenas diferencias

Ese pequeno detalle sen importancia de traballar para os expañois ou sermos unha forza galega soberana.

1 comunista independentista

Certo. Daí a importancia de non pedir créditos aos bancos. En Marea non o fai e grazas a iso é unha forza soberana. En cambio PP, PSOE, Bloque... teñen dependencia "expañola" por mor dos seus pufos coa banca de España.

2 Xoc

Algún dirixente da Marea debería voltar ao BNG e pagar os pufos cos bancos que deixou. Porque marchar deixando o pufo que creou... eso sí que que é rupturismo... Ou máis ben rachas coa pana. Por certo, dende Amio o Bloque pasou dunha débeda de 5 millóns de € a actual que non chega a 1 millón. E todo cos militantes galegos-as, non fixo falta os cartos de Podemos dende Madrid. Falando de En Marea... Segue formando parte dela e de Unidos Podemos Izquierda Unida? Pois esta formación "rupturista" pide créditos aos bancos e logo non lle devolve a pasta porque estes lla perdoan... A cambio de que perdoa un banco un pufo...? Interesante, non? O rupturismo dos meus c.llóns! http://sevilla.abc.es/20121112/anda...

3 Xoc

http://www.expansion.com/economia/p... Rupturismo 2.0 de Unidos Podemos (que, ao tempo, vai rachar con En Marea) xa dende a época de Anguita. Eso sí, leccións a todo di.s!

1 Arturo

Non fai falta que deixe comentario porque haberá moitos. O que pasa é que a xente ainda non se levantou. E a típica noticia feita para provocar comentarios e polémicas a esgalla. Os de GC cada día o fan mellor ! Xa quixera eu ser tan listo coma eles.