A Fiscalía abre dilixencias polo artigo homófobo no xornal dos empresarios de Sada

A Fiscalía Provincial da Coruña abriu dilixencias polo artigo 'A homosexualidade é pecado', publicado no xornal 'Xornal Mariñán', da Asociación de Empresarios de Sada (A Coruña).

Por E.P. | Sada | 06/06/2017 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A Fiscalía Provincial da Coruña abriu dilixencias polo artigo 'A homosexualidade é pecado', publicado no xornal 'Xornal Mariñán', da Asociación de Empresarios de Sada (A Coruña). As dilixencias teñen por obxecto determinar "se hai indicios de delito nos feitos denunciados".

Artigo de Eduardo Lorenzo en El Mariñán
Artigo de Eduardo Lorenzo en El Mariñán

Fontes do Ministerio Público explicaron que este é o procedemento habitual cando se presenta unha denuncia, que partiu dun colectivo LGTBI. En caso de acharse indicios de delito presentaríase unha querela no xulgado e, de considerarse que non existen, arquivaríanse as dilixencias.

DIMISIÓNS

Por estes feitos, o ex-presidente da Asociación de Empresarios de Sada Bernardo Valiño presentou a súa dimisión a semana pasada. Tamén o fixo o secretario e tesoureiro da entidade, Eduardo Lorenzo, autor do artigo.

Do contido do mesmo desvinculáronse membros da asociación de empresarios de Sada. Fontes consultadas precisaron que agora celebrarán unha asemblea esta semana para cambiar a directiva.

Eduardo Lorenzo Martínez
Eduardo Lorenzo Martínez

"Non é o pensamento de todos nós", expuxeron para rexeitar o contido do artigo. De feito, na súa páxina de Facebook e nun escrito publicado tras facerse pública esta polémica, un socio da entidade e en representación doutros compañeiros da asociación, cualificaba de "bochornoso e rozando o delituoso" o citado texto.

Tamén rexeitaba "calquera comentario, escrito ou noticia que leve ao odio ou a vexación de calquera tipo de persoa ou colectivo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Amaro

Se o denuncian por dicir que é pecado, haberia que denunciar a toda a igrexa católica. Se o denuncian pola comparación co incesto e a poligamia consentidas. mais ben haberia que denunciar ao colectivo LGTBI denunciante por incitación ao odio contra incestuosos e polígamos, conductas perfeitamente respetables.

2 Galegus

Hay un montón de asesinatos de ETA por resolver, tres gallegos desaparecidos en San Juan de Luz en 1973, supuestamente tortuados y asesinados por ETA. Y jueces y fiscales perdiendo el tiempo en estas estupideces

1 Buffito

Yo creo que la protección legal es ad personam. Lo demás, aunque sea demencial, entra dentro del derecho a libertad de expresión.

1 a mamarla a parla

2.4.2 Incitación a la discriminación, odio y la violencia El artículo 510 del Código Penal castiga con prisión de uno a tres años y multa de seis a doce meses a aquellos que provocaren a la discriminación, al odio o a la violencia contra grupos o asociaciones, por motivos racistas, antisemitas u otros referentes a la ideología, religión o creencias, situación familiar, la pertenencia de sus miembros a una etnia o raza, su origen nacional, su sexo, orientación sexual, enfermedad o minusvalía. Serán castigados con la misma pena los que, con conocimiento de su falsedad o temerario desprecio hacia la verdad, difundieren informaciones injuriosas sobre grupos o asociaciones en relación a su ideología, religión o creencias, la pertenencia de sus miembros a una etnia o raza, su origen nacional, su sexo, orientación sexual, enfermedad o minusvalía.