Un viño galego logra un dos premios máis importantes do mundo

Boas noticias para unha das adegas con máis prestixios do país. Terras Gauda informa que a súa anada de albariño do ano pasado logrou dous importantes premios nos últimos días.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 06/06/2017 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

Por unha banda a medalla de ouro no maior concurso internacional de viños organizado en Francia - Challengue Internacional du Vin de Bordeus (Francia) - e o Baco de Ouro da Unión Española de Catadores.

Viñedos da adega Terras Gauda
Viñedos da adega Terras Gauda

Especialmente importante é o galardón a Abadía de San Campio en Franciaa, pois ese  concurso vinícola é o máis antigo do mundo e polo tanto un dos de maior prestixio. Nese certame máis de 800 expertos catadores xulgan a cegas durante dous días máis de 4.000 viños procedentes duns 40 países.

É a cuarta ocasión que o 100% Albariño de Terras Gauda alcanza este galardón. 

Abadía de San Campio está elaborado con uva Albariño procedente dos viñedos de maior altitude, conbmenor humidade, máis frescos e unha maior diferenza de temperatura entre o día e a noite, o que  favorece unha maduración máis lenta, ofrecendo unha variedade moi fresca, de gran intensidade aromática, con maior acidez e suavidade na boca.

Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, México, Noruega, Alemaña e Holanda son os mercados de referencia no exterior. Nos últimos meses  a adega logrou presenza en Xapón, China, Bélxica, Dinamarca, Alemaña e Suíza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta