As consecuencias en Galicia da venda da matriz do Pastor por un euro

O Banco Santander sáelle case gratis a compra do case quebrado Banco Popular. En Galicia haberá despedimentos, peche de oficinas e queda no aire o financiamento da Fundación Barrié.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 07/06/2017 | Actualizada ás 09:38

Comparte esta noticia

Como viñan dicindo os ruxe-ruxes do serán do martes, o Banco Santander compra ao Banco Popular para evitar a súa intervención. Faino por un prezo ridículo, un euro, o mínimo para darlle validez legal ao contrato de venda.

Ana Patricia Botín, do Banco Santander, no Foro Económico Mundial de Davos
Ana Patricia Botín, do Banco Santander, no Foro Económico Mundial de Davos | Fonte: rastrojo wikimedia

O movemento supón en principio un gran alivio para o Goberno. O discurso da recuperación económica enarborado polo PP estaba en risco. Se ninguén o compraba, o Popular sería intervido en cuestión de días, sendo necesario un novo rescate bancario.

A Comisión Nacional do Mercado de Valores suspendeu a cotización do Popular na bolsa. O Santander sigue cotizándose, con perdas, polo agora moderadas. O comprador prevé lanzar unha ampliación de capital, até 7.000 millóns, coa que compensar a compra dos activos tóxicos que trae con sigo a matriz do Banco Pastor. 

A entidade de Ana Botín que se convirte asi en lider absoluto do sector bancario español e segundo en Galicia tras ABANCA.

A operación de transferir a totalidade do capital emitido polo Popular en accións de nova emisión do propio banco que son adquiridas polo Santander polo prezo dun euro, realízase sen comprometer recursos propios, nin afectar aos acredores nin depósitos indicou o Goberno a través do FROB.

Protesta contra o ERE no Banco Pastor
Protesta contra o ERE no Banco Pastor | Fonte: CIG

A compra terá importantes consecuencias en Galicia. O Banco Pastor, filial do Popular, ten a segunda rede de oficinas máis potentes do país. Parece inevitable un novo ERE para reducir cadro de persoal e evitar duplicidades.

Tamén está por ver como afecta isto ao principal accionista galego do Pastor, a Fundación Barrié, cuxa importante obra social aliméntase do negocio bancario.

Fachada do Banco Pastor
Fachada do Banco Pastor | Fonte: Berto García Flickr
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Arturo

A deveda do Popular é de case 10.000 millóns de euros. Cando se compra un banco, cómprase tamén a sua déveda. Xa que logo non é que a compra " salga gratuita". Parece mentira que os astutos redactores de GC non comprendan eso.

1 Von Hayek

moi burriños sodes.... "precio ridículo"... E a carteira morosa e os aprovisionamentos non contan?