Por Galicia Confidencial | Londres | 07/06/2017 | Actualizada ás 17:12
"Ignacio no sobrevivió al momento del atentado. Gracias a todos los que le quisisteis y cuidasteis. Sabemos que no somos los únicos tristes. Queremos ver y estar con el cuerpo de Ignacio. Parece que hasta el viernes como pronto no podemos estar con su cuerpo. Querríamos que el Gobierno Británico nos permita estar con él... Gracias al personal administrativo y político español por su ayuda en hacer esto posible". Con esta mensaxe confirmaba unha das súas irmás a morte de Ignacio Echeverría, o galego que permanecía desaparecido desde o pasado sábado en Londres.
Tras catro días sen ter ningunha noticia del, e dun mutismo absoluto por parte do Goberno británico, este mércores distintos medios de comunicación da illa comezaron xa a divulgar fotos dos falecidos. Isto precipitou a confirmación do falecemento do que xa se coñece como "heróe do monopatín".
De feito, o ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Alfonso Dastis, expresara este mércores "certa perplexidade" polo feito de que "máis de tres días despois" do atentado de Londres "non puidese confirmarse cal é a situación" de Echeverría.
Tentou defender unha muller
Ignacio Echeverría, de 39 anos, estaba desaparecido desde o sábado pola noite. Os seus familiares relataron que volvía de patinar cuns amigos e, ao ver como un home apuñalaba a unha muller, tratou de defendela e encerellouse co terrorista, e a última vez que lle viron estaba tendido na beirarrúa.
O domingo pola noite as autoridades británicas pediron ao Ministerio do Interior español os seus impresións dixitais, pero aínda non comunicaron nada á familia, senón que este martes pola tarde pedíronlles 24 ou 48 horas máis de prazo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.