Temas: BANCA

A morte do Banco Pastor, un "espolio" para Galicia

Reaccións de todo tipo á venda por un euro do Banco Popular, que deixa no aire o futuro da Fundación Barrié, pode provocar centos de despedimentos no país e fai perder o investido a milleiros de pequenos accionistas. Para En Marea, Feijóo é cómplice de que Galicia quede sen sistema financieiro propio.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/06/2017 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Os deputados de En Marea no Parlamento galego e no Congreso, Manuel Lago e Yolanda Díaz, respectivamente, consideraron un "espolio" para Galicia a venda do Grupo Banco Popular, matriz do Banco Pastor, á vez que cualificaron de "cómplice" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que pediron, ademais, explicacións.

Evolución da cotización do Banco Pastor
Evolución da cotización do Banco Pastor | Fonte: google

"Onde está o señor Feijóo e que vai facer?", preguntou Yolanda Díaz nunha comparecencia ante os medios de comunicación ante o Banco Pastor na Coruña, marca que o Grupo Popular aínda mantiña en Galicia tras a compra do mesmo en 2011.

En declaracións aos xornalistas, a deputada de En Marea no Congreso considerou que Galicia vive "un día de loito" ao quedar sen unha estrutura financeira "vital para as pemes, para o sector industrial e para a cultura do noso país", engadiu en relación ao incerto futuro da Fundación Barrié.

Respecto diso, asegurou que esta autonomía queda "sen sistema financeiro grazas ás políticas do PP e do señor Feijóo". "É o responsable de levar adiante unha errada fusión das caixas, que estean na banca privada venezolana -engadiu en alusión a Abanca- e o responsable por complicidade", engadiu en alusión á venda do Grupo Popular.

"DEBILITA" A ECONOMÍA GALEGA

Pola súa banda, o deputado de En Marea no Parlamento galego, Manuel Lago, cualificou de "espolio" esta venda. Dela, dixo que "debilita a economía galega" e incidiu en que "se non se fixo coa complicidade" do PP, fíxose "co silencio e a falta de dilixencia das autoridades que tiñan que regular este proceso".

Cota de mercado de Santander tras comprar Popular
Cota de mercado de Santander tras comprar Popular

Con todo, afirmou que esta é "a crónica dunha morte anunciada" por un proceso de "oligopolio". "As quenllas financeiras deste país están a quedarse con todas as institucións financeiras", recalcou Lago. Na mesma liña, remarcou que se perde "o patrimonio dos galegos acumulado durante décadas".

APOIO AOS TRABALLADORES

Ambos os deputados manifestaron tamén que estarán "a pé de rúa" cos traballadores para "non consentir que haxa un despedimento máis no sistema financeiro". A iso, sumaron o peche de oficinas, sobre todo no rural.

Por todo iso, pediron explicacións ao presidente da Xunta e ao ministro de Economía, Luís de Guindos. Así, Yolanda Díaz avanzou que na súa comparecencia do día 12 esixiranlle "responsabilidades".

Estas fíxoas extensivas tamén aos dirixentes do Grupo Banco Popular-Pastor. "Os equipos directivos anteriores e actuais", precisou por entender que xestionaron a entidade "coma se fose unha leira". "É unha estafa", sentenciou na mesma liña.

Protesta contra un pasado ERE no Banco Pastor
Protesta contra un pasado ERE no Banco Pastor | Fonte: CIG
Temas: BANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

6 chasca

Perdoe pero caixanova desapareceu porque foi obrigada a xuntarse con Caixa Galica que era a que estaba falida, e o BNG, xa me contara que ten a ver con isto cando quen gobernaba na Xunta era o PP

1 comunista independentista

O Bloque/UPG votou co PP a favor da fusión entre Caixanova e CaixaGalicia. Consulte as hemerotecas, que esas nunca minten.

5 Desfeita blocalla

O pobo galego nunca esquecerá que PP e BNG son os corresponsábeis directos pola desfeita das caixas galegas. O PP como parte activa e o BNG condicionado polos seus pufos millonarios con Caixanova: http://praque.blogaliza.org/files/2...

4 PODREIROS E EXPAÑOL

Que a Xunta do PP diga iso, xa é o normal, é a responsable politica do desmantelamento; pero que desde Marea Atlántica limítense a dicir que "estarán vixiantes", é o mesmo que Paco Vazquez dixo cando venderon Fenosa á madrileña Unión Electrica, e que queda, nada. É o mesmo que dixeron cando se vendio Fadesa a Martinsa, e que queda, nada. É o mesmo que dixo Fraga cando se vendeu Leyma a Puleva, e que queda, pouco. É o mesmo que dixeron cando o Pastor foi vendido ao Popular, e agora vemos o que pasa.

3 GALIZA POLA SUA LIBERDADE

A ratio de creto bancario a galegos por parte das entidades e tendo en conta os depósitos dos aforradores galegos Neses bancos e a mais baixa dentro do estado expañol que significa, que os cartos nosos van crear riqueza na "puta- Expaña" namentras na Galiza non invirten un peso para crear empresas e riquezas, NOS ESTAN ROUBANDO EXPAÑA NOS ROUBA, o único que queda non a expropiación sinon a incautación revolucionaria e a liquidación dos dereitistas e demais traidores expañolentos... lembrade que moitos non son galegos veñen de por ahí fora!

2 anonimo

A venta non foi por un euro. Xa se dixo mil veces que a deuda do Popular era de uns 8.000 millóns. Xa que logo, ese é o prezo real da compra, 8.000 millóns. O do euro é una frase para impactar, nada mais.