Gayoso, o lanzador de martelo que acabou cunha Medalla Castelao por “ser historia viva da TVG”

Compartirá o galardón co historiador Xusto Beramendi, a gaiteira Cristina Pato, o Grupo Nove de cociña e o Centro Oceanográfico de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/06/2017 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O presentador televisivo Xosé Ramón Gayoso recibirá a Medalla Castelao 2017. Un galardón que compartirá co historiador Xusto Beramendi, a gaiteira Cristina Pato, o Grupo Nove e o Centro Oceanográfico.

Gayoso e Silvia Jato no Luar da TVG Gayoso e Silvia Jato no Luar da TVG
Gayoso e Silvia Jato no Luar da TVG Gayoso e Silvia Jato no Luar da TVG

Foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o que deu a coñecer este xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, este galardón destacando a faceta televisiva de Gayoso. “Avogado, lanzador de martelo, fundador do dúo musical Keltia e presentador televivivo”, dixo ao destacar que está na TVG desde que comezou a emitir, o 25 de xullo de 1985. 

É historia viva da TVG. Leva presentando Luar desde 1992 e, desde entón pasaron polo seu programa 5.000 artistas”, suliñou o xefe do Executivo galego que apuntou, ademais, que este espazo serviu de “rampa de saída para numerosos artistas e cómicos galegos”.

Xosé Ramón Gayoso naceu o 25 de abril de 1956 e é un dos personaxes televisivos máis coñecidos en Galicia por presentar desde hai 25 anos o programa Luar. Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi pacticante de atletismo, en concreto lanzamento de martelo. De feito, proclamouse campión de España en 1975 cun lanzamento de 46 m. Practicando este deporte coñeceu a Álvaro Someso, campión galego de salto de altura en 1973, con quen en 1978 formou o dúo Keltia. Xuntos editaron en 1979 Choca esos cinco, disco foi producido por CBS, onde a metade das cancións estaban interpretadas en galego, e onde facían versións de José Afonso e musicaban a Rosalía de Castro.

Beramendi, Cristina Pato, Grupo Nove e Oceanográfico de Vigo

Ademais de Gayoso, a Xunta galardonou con esta medalla ao historiador Xusto Beramendi, catedrático de Histórica Contemporánea e presidente do padroado do Museo do Pobo Galego; á gaiteira Chus Pato, ao Grupo Nove de cociña e ao Centro Oceanográfico de Vigo.

Feijóo enxalzou a traxectoria de Beramendi e o desenvolvemento musical de Cristina Pato, que actualmente vive en Nova York, e da que lembrou que “lanzou o seu primeiro disco con 18 anos”. Do Oceanográfico destacou que o premio é polo seu 100º aniversario e porque é un centro “de pouco ruído e moita calidade”. Do Grupo Nove suliñou que levan a cociña galega por todo o mundo. “Son 24 cociñeiros e 18 restaurantes que suman 8 estrelas Michelín”, engadiu. 

A noticia foi comunicada tras a reunión semanal do Executivo autonómico, que aprobou o decreto polo que se concede esta distinción a aqueles galegos cuxa obra, en calquera faceta de actividade humana, considérase merecedora do recoñecemento de toda Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Galegus

Caeme ben Gayoso, pero aceptar un premio co nome de Castelao non é bó.

3 LooooL

2 LooooL

fff

1 Me alegro

¿Y no será peor lo de Beramendi, que dice que el Santoa Pucherazo del plebiscito estatutario gallego de 1936 tuvo cierta legitimidad porque fue apoyado por los partidos que ganaron en las elecciones del 16 de febrero? Cuando a través de la reciente 1936: Fraude y violencia en las elecciones del Frente Popular, sabemos que en todas las provincias gallegas los resultados fueron fraudulentos y ganó la izquierda por el amaño. El nombre que llevan estos premios ya debía sonrojar a cualquier conciencia honrada, cuando participó en el amaño plebiscitario, y lo negó en Sempre en Galiza; cuando se inventó una cita falsa sobre la doma y castración; cuando usaba el español en la intimidad, etc.