A Xunta anima aos docentes a aprender inglés con matrículas e viaxes ao estranxeiro gratis

Feijóo insiste en que a súa formación correrá a cargo dos fondos públicos e que non se detraerán partidas do galego para impulsar o inglés.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/06/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O proxecto Edilingüe, co que a Xunta quere promocionar o inglés, dentro da súa planificación plurilingüe do ensino, non sentou nada ben entre os sindicatos, colectivos de profesores e mesmo de pais. Unhas críticas que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo acalar asegurando que, en ningún caso, se detraerán partidas do galego para promocionar o inglés e que será un programa voluntario para os docentes.

Clase de inglés para nenos
Clase de inglés para nenos | Fonte: ciudadpeques.com

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta deste xoves, Feijóo volveu defender o seu modelo plurilingüe e dixo que a maioría dos docentes deberían estar “interesados” neste novo plan porque suporá que poden aprender inglés gratis.

“Supoño que moitos estarán interesados en formarse noutra lingua con fondos públicos”, dixo aludindo a que os docentes que queiran afondar na apredizaxe do inglés e examinarse nas escolas oficiais de idiomas terán as taxas gratis.

En todo caso, insistiu en que o plan é voluntario para aqueles docentes que queiran aprender outras linguas estranxeiras, principalmente, inglés. Ademais de ter a matrícula gratis para os cursos de idiomas, Feijóo suliñou que estes docentes tamén poderán disfrturar, ao igual que os alumnos, de estadías gratis no estranxeiro.

Minorizar o galego

Segundo denunciou o Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) , os 70 millóns que a Xunta investirá en tres anos nese plan para potencia o inglés son máis que a inversión en Normalización lingüística nos últimos sete anos, que doutra banda descendeu en máis do 70% desde que Feijóo chegou á Xunta.

“Por primeira vez na historia, o número de galegofalantes baixou do 50% da poboación, dato que para a Consellería semella que é algo inevitábel, coma os temporais de neve ou os incendios de verán cando sopra nordés, quen con esta actitude de desleixo pola nosa lingua, proxecta a idea dun equilibrio lingüístico entre as linguas cooficiais que non existe na realidade”, criticou este sindicato. 

Ademais, denunciou que o modelo de plurilingüismo que se aplica no estado español “ten coma consecuencia que o alumnado non só non adquire unha competencia suficiente na lingua estranxeira, senón que diminúe a adquisición de competencias nas materias impartidas nesta lingua”.  “Semella que a Consellería aposta por un modelo económico e un mercado de traballo neoliberal, onde  parece que quixesen preparar o alumnado para que saiba atender os  turistas que veñan do estranxeiro ou para que emigre, directamente”, ironizou

A xuízo do STEG, a Xunta ampárase nun Decreto  de Plurilingüismo que non está informado de asentamento científico dabondo e entende que a Consellería de Cultura “mantén unha errada e clamorosa concepción do plurilingüismo”, que supón equiparar situacións desiguais das linguas no tocante ao coñecemento e o uso así como no seu recoñecemento social “para, na práctica, favorecer a desaparición da lingua minorizada, é dicir, o galego”.

Tags: GALEGO INGLéS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Fartodalíngua

Lo que quiere decir que para Anormalizar ao Pobo Asoballado, se emplean casi ¡¡¡10 millones de euros cada año!!! Una forma de tirar el dinero de todos los gallegos a la basura. Pero aún, dinero que se emplea para que los nacionalistas, los comunistas y los independentistas, vivan del cuento de la lengua y nos toquen los kínder a todos. Ese dinero estaría bien para sanidad, educación en español e inglés, formación científica (matemáticas, informática, física, tecnológicas), ayuda a los clubes deportivos, a asociaciones como Down Compostela etc...

1 teutonio

Se a menos de 7millóns lle chamamos casi 10... é unha magoa que tiremos o diñeiro no cine español, o instituto cervantes (115 millóns por ano), os premios literarios, subvencións á industria editorial española...

4 GALEGOCOMATI

A estes nazionanistas, non lles importa a formación dos nosos rapaces en inglés e español, cecáis as línguas máis importantes do mundo. Non. Eles dalle que dalle co galego, co noso, co propio e tonterías polo estilo. O que fan é política, non ten que ver co ensino, nin coa formación. A ver se se fartan da língua dunha vez e deixan aos rapaces aprenderen o que lles resulte útil e non folclore e política

1 teutonio

Ten moito que ver, está máis que demostrado que o modelo bilingüe onde se executou foi un fracaso, os nenos non aprenden a materia e teñen unha mellora limitada do inglés debido á falta de competencias do profesorado, do normal descoñecemento da lingua dos nenos e da súa limitada adquisición da primeira ou primeiras linguas. Os estudos científicos demostran que ou se fai isto desde o berce ou é preciso que os nenos teñan un nivel óptimo na súa lingua pra poder aprender unha segunda ou terceira e isto pódese facer sen sacrificar o coñecemento noutras areas. Por certo, o sermos bilingües, os que o somos, facílitanos en gran medida aprender outras linguas (máis que probado pola lingüística) por tanto insistir co galego é outra maneira de mellorar as capacidades da rapaciada

3 eusi

...a APRENDEREN...a ver se conseguimos conxugar ben os verbos! Ou é que o redactor tamén acaba de chegar dunha desas viaxes da Xunta?

2 Españolistas dades noxo

Non se poden detraer máis partidas para o galego, certamente.

1 Teño dúbidas

Sacando casos concretos, témonos que crer cun profesor deste país ten en liñas xerais un nivel aceitable pra dar clases en inglés, repito, non o caso concreto e anecdótico, o común saben pra explicar bioloxía etc, ou ó final os picaros nin inglés nin bioloxía. So reflexiono en voz alta.