Feijóo, aberto a investigar se existen contratos en Galicia con empresas da Púnica

“Se hai dúbidas sobre contratos pois haberá que dar explicacións”, asegura. Os concellos de Vilamartín e A Rúa asinaron contratos con empresas vinculadas coa trama.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 09/06/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Se aparecen empresas investigadas terán que dar explicacións”. Deste xeito se referiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, as institucións públicas, nomeadamente concellos, que poidan ter realizado contratos con empresas vinculadas coa trama Gürtel.

Principais investigados na Operación Púnica
Principais investigados na Operación Púnica | Fonte: laburbuja.es

Hai uns días, Galicia Confidencial daba conta de varios concellos galegos estiveron en negociación con mediadores da tráma Púnica. E, nalgúns casos, algúns deles realizaron contratos cona algunhas empresas investigadas nesta trama, entre elas, a consultora Asproener.

Esta empresa asinou contratos cos concellos da Rúa e de Vilamartín, en Ourense, e aseguraba que realizaría un plan enerxético “gratis” para “optimizar o consumo enerxético”. Pero, logo, obrigaba aos concellos a cambiar o alumeado público exterior do municipio con ela. Senón era así, o concello tiña que pagar 17.500 euros “en concepto da auditoría realizada”. Unha cantidade que nalgúns concellos é case o máximo que se pode pagar –18.000-- como contrato menor, é dicir, sen realizar un concurso público.

Estes acordos, asinados en 2014, sinalaban que, se no prazo dun ano non se iniciaba a convocatoria pública da licitación do “cambio do alumeado público exterior” do Concello, o consistorio tería que abonar o custe desa auditoría que, segundo o documento rubricado, “non poderá ser superior a 17.500 euros IVE excluído”.

Tras as eleccións municipais de 2015 e a entrada nos gobernos destes concellos de novos partidos políticos, a situación mudou. O Concello de Vilamartín decidiu negociar coa empresa e acabou pagando a metade do precio estipulado pola non realización do cambio do alumeado. Pola súa banda, o Concello da Rúa deixou pasar o tempo e, despois de que en setembro de 2015 estoupara a trama Púnica en Madrid, non se volveu saber nada da empresa.

Investigacións

“Se hai dúbidas sobre contratos pois haberá que dar explicacións”, dixo este xoves Feijóo ao ser preguntado por GC sobre a existencia destes contratos. “Eu xa estou a feito a dar explicación, non como outros”, ironizou en relación a algúns casos de corrupción que afectan aos partidos políticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dnuvi

Veremos que ten que dicir o senador e exalcalde de A Rúa.