Temas: OKUPA

“Buscan criminalizar a okupación para poder especular a pracer”

Na véspera dunha nova manifestación en apoio do desaloxado Centro Social Escarnio e Maldicer, entrevistamos aos activistas que o puxeron en marcha. A polémica carga policial e o papel dos medios de comunicación no debate sobre a okupación son dous dos puntos desta conversa.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 09/06/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

“Sádica e violenta”. Así cualifica o Centro Social Escarnio e Maldizer a actuación policial no polémico desaloxo en Santiago. Fano nun pequeno xornal, que inclúe  foto-denuncias das lesións producidas nos incidentes, que os okupas acaban de editar.

Fotomontaxe das lesións durante os incidentes da manifestación do día do desaloxo do CSO Escarnio e Maldizer, incluído nunha publicación dos okupas
Fotomontaxe das lesións durante os incidentes da manifestación do día do desaloxo do CSO Escarnio e Maldizer, incluído nunha publicación dos okupas

Esta publicación busca mobilizar á cidadanía  de cara a marcha de mañá. Unha manifestación de apoio ao Centro Social partirá este sábado as 21 horas da Alameda de Santiago. Ademais, os activistas non pararon deteron a súa labor, pois seguen programando obradoiros, que organizan nas rúas ou nos parques.

Malia seren os coprotagonistas dunha das maiores polémicas políticas do país na actualidade, o seu punto de vista non foi explicado na  maioría dos medios de comunicación.  O Centro Social expón a súa versión do sucedido neste cuestionario respondido por escrito:

Explíquenlle a unha persoa de fóra de Santiago en que consistía a labor do CSOA Escárnio e Maldizer. Que tipo de actividades realizaban? 

O C.S.O.A. Escárnio e Maldizer é , porque continúa a ser, un espazo para a liberdade. Obradoiros e colectivos atoparon nel un lugar para reunirse, para facer actividades, para aprender. Xuntas deconstruímonos, coidámonos, creamos novas lóxicas máis vivíbeis e horizontais. 

O edificio da Algalia okupado por Escárnio e Maldizer tras o desaloxo
O edificio da Algalia okupado por Escárnio e Maldizer tras o desaloxo

Canto tempo levaban en marcha? 

Foi no ano 2014, logo de tres anos de estar o edificio baleiro e caendo, cando un grupo de veciñas de Compostela que procedían de diversas tradicións políticas e sociais decidimos abrilo. Desde ese momento, realizáronse actividades semanais (pandeireta, baile, acroioga...) e puntuais (palestras, proxeccións, concertos...) que sempre contaron con moita asistencia; nalgunha ocasión, incluso teríamos que pendurar o cartaz de “aforo completo” para evitar situacións de risco e para estar todas máis cómodas. 

Teñen algunha estimación do número de persoas que participaba nesas actividades?

Non mentiríamos se dixésemos que, por este centro social, pasaron xa centos de persoas distintas.

Por certo, o nome "Escárnio e Maldizer" fai referencia a unha das categorías da lírica medieval galega. Por que escolleron esta denominación?

A Agrupación de Baile e Canto Tradicional Cantigas e Agarimos tivo que marchar do espazo no ano 2011 pola modificación do réxime de rendas antigas. Parecía ben saudar e homenaxear desta maneira á historia do edificio e aos seus últimos habitantes; ademais as cantigas de escárnio e maldicir xogaban coa sátira para falar da política: era perfecto.

Antes do desaloxo, recibiron algunha comunicación por parte dos propietarios do inmóbel? Chegouse a artellar algún tipo de negociación?

Comprendan que non respondamos a isto.

Que cren que o CSOA aportaba á cidade de Santiago e do que agora, tras o desaloxo, carece?

Parece que hai un espazo menos de creación colectiva, un espazo menos de autoxestión, un espazo menos de seguranza, un espazo menos que estea creado á marxe da grande engrenaxe institucional e desde abaixo. Parece, porque, ao final, os espazos son a xente que os constrúe. E nese sentido, adiantamos que estamos ben fortes.

Que pasou co material que tiñan no CSOA antes do desaloxo?

Que ficou alí dentro. Os medios máis acríticos e conformistas alertaron de que había alí un futbolín, mais o certo é que tamén había unha ampla colección de libros. A biblioteca supoñemos que será o que máis lles “preokupe”.

Cal é a súa postura sobre os incidentes da manifestación de protesta? Que lles parece a actuación policial nesa mobilización?

A brutalidade policial é característica do Estado español, neste sentido non nos sorprendeu.

Que papel cre que están xogando os medios de comunicación en toda esta polémica? Sinten que vostedes tiveron a oportunidade de dar a súa versión dos feitos?

A meirande parte dos medios de comunicación están sometidos a intereses empresariais e políticos polo que é lóxico que proporcionen información interesadamente; neste caso perseguen criminalizar a okupación para recrudecela lexislativamente e así poder especular a pracer nas nosas vilas e cidades. Porén, que ninguén se engane, esta atención política e mediática responde tamén aos intereses particulares da construtora La Rosaleda: unha peza clave na trama especulativa. Isto é a meirande parte, mais tamén agradecemos e parabenizamos a labor doutras profesionais, inconformistas, que se esforzaron e esforzan por facer unha lectura crítica da narración que o poder elabora para os fenómenos de autorganización e resistencia popular. Especificamente, é en parte por elas que o Escárnio e Maldizer podemos ouvear tan alto. 

Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez
Incidentes na manifestación polo desaloxo da okupa Escarnio e Malidez | Fonte: galizacontrainfo
Temas: OKUPA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

5 Gamela

Gracias a GC por dar VOZ aos sen voz Pero non son os Okupas Alternativos os que preocupan ao lexislador coma podedes comprobar nesta sesión da Comisión de Xustiza https://youtu.be/pxuHjKB5734?t=1h23... En breve sairán novas leis apoiadas por CIU (antes) Cidadáns PNV PP e PSOE e posiblemente nin siquera poderemos PUBLICAR a palabra OKUPACIÓN !!! Cando a Propiedade é un Roubo, a Okupación é un Dereito !!!

4 Lupa

Mañá veremos se Martiño ten o que debe ter, dignidade, e acude á manifestación en apoio aos agredidos de Escarnio e Maldizer, e non se deixa amedrentar por Feixóo, Hernández e Cía. Eu confío en que o noso alcalde cumprirá coa súa obriga en defensa dos asoballados pola mafia de ladrillo e demáis especuladores.

3 pepeiro & podreiros o mesmo

ONDE ESTA PODREIROS!!!! onde esta o gupao do alcalde golfiño merendiño.... non din nada, non apoian nada, non piden nin o referendun de Catalunya ... CAERON EN GRAN DEREITAS!!! si fose un demócrata encabezaría o primeiro a manifestación!!!! si fose un demócrata pediría a liquidación do partido corruPPteiro o partiro PPutrefacto.... 500 mil familias desafiuzadas no ESTADO EXPAÑOL... NA "PUTA" EXPAÑA!!!! A MONOARQUIA E A PESTE NEGRA!!! SON A RUINA!!!! A RUINA!!!!

2 Flipan

No hace falta criminalizar nada que estos delincuentes ya comenten un delito, en Derecho, del orden criminal o penal, tramitado de acuerdo con la ley de enjuiciamiento criminal, visto por juzgados y salas de lo criminal o penal, etc.

1 nostrus

Los culpables de las lesiones fueron los lesionados porque tuvieron oportunidad de no ser lesionados pero prefirieron que la policia les lesionara para entrar en el libro de la martirologia. Los que se manifiestan a favor de los okupas tienen oportunidad de solidarizarse poniendo su casa al servicio de ellos. La democracia tiene que ser fuerte y hacer cumplir las leyes y no dejarse tomar el pelo

1 Balbino

Pon tí o cu en pompa e vota vaselina, non te movas e non che doera, tes a oportunidade de non saíren mancado ok.

2 Gamela

Ninguén vai Okupar a túa vivenda (agás as Mafias dos Fondos Boitre!) esta falsa polémica é precisamente o que buscan algúns para seguir aumentando os alugueres a pesares de ter 300.000 vivendas baleiras nas mans da SABEB (que pagamos todas!)