“Perdemos o medo a gañar e facernos cargo”

Barcelona acolle esta fin de semana un “Encontro Municipalista Internacional”. Boa parte da esquerda mundial -representantes de 46 países e 180 cidades, segundo a organización- está reunida alá para “construír redes de esperanza solidariedade e esperanza fronte ao odio, os muros e as fronteiras”.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 10/06/2017 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Dende Galicia, acudiron os alcaldes de varias cidades gobernadas polas coalicións, Santiago e A Coruña, entre outros.  Xulio Ferreiro, edil da Coruña, reivindicou o cambio político que supuxo para a esquerda a chegada ao poder de candidaturas como a da Marea Atlántica. 

Noriega na súa intervención no encontro das Cidades Sen Medo
Noriega na súa intervención no encontro das Cidades Sen Medo

“O noso foi unha batalla contra o medo, hai dous anos perdemos o medo a ganar e a facernos cargo, a dalrlle a volta as nosas cidades, por arriba o que estaba abaixo e dentro o que estaba fóra”, dixo no acto político. Na súa opinión "a política e o desexo de igualdade son as barricadas máis poderosas contra o fascismo”

Tamén Martiño Noriega, alcalde de Compostela, incidiu na necesitade de que a esquerda non teña medo a gobernar. O representante de Compostela Aberta trazou as raíces do cambio en Galicia ao movemento Nunca Máis.  

"Non tivemos medo cando tivemos que recoller o chapapote nas nosas praias. Non tivemos medo cando centos de milleiros berramos Nunca Máis!. Non houbo medo cando o Estado desapareceu e xurdíu a nación cívica, unha marea de dignidade e enchemos as prazas de indignación colectiva!", argumentou dende o estrado.

O acto de onte de “Ciudades sen medo, redes globais de refuxio e esperenza” rematou cos alcaldes sobre o escenario cunha pancarta crítica coa política negacionista de Donald Trump sobre o cambio climático.  

Xulio Ferreiro na súa intervención no encontro das Cidades Sen Medo
Xulio Ferreiro na súa intervención no encontro das Cidades Sen Medo

O evento serve como reivindicación do papel das candidaturas de confluencia despois de dous anos de que chegaran ao poder en moitas localidades. Tamén busca tecer redes globais entre opcións políticas deste tipo, feminizar a política e frenar a extrema dereita.

Alcaldes ao final da xornada do venres do encontro das Cidades Sen Medo
Alcaldes ao final da xornada do venres do encontro das Cidades Sen Medo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

12 Findes rebeldes

E cando se fixeron cargo de nada se precisamente levan dos anos chorando que non poden facer nada porque la cosa está mu mal, porque la herencia recibida, porque la culpa es de la upegá

11 PODREIROS TRILEIROS

AQUI ESTA A MAREA DE PODREIROS: 1) en mandriles aberta un-ha feira da pornografía e da prostitución 2) en cadiz o frade kichi, a monxa teresa, e o monseñor pableiras (Waldo das jons) imponen un-ha medalla laica a virxe da puñeteira 3) en santiAGE o alcalde desaparece do mapa e deixa a xente a ser golpizada pola polizonteria nacional 4) en Barcelona os podreiros non soamente en contra do dereito de autodeterminación sinon incluso do referendun....

10 Fearless Mayors

Fan ben en chamarse os Senmedo o que pasa é que como cadra que logo xustifiquen todas as tragadas e os incumprimentos con es que no me deja la ley es que no se puede es que el gato me comio los deberes

9 Calvo sen pucha

Detrás de Suyo na foto está o de Zaragoza, o que pasou os gastos de gomina ao Concello.

1 rodicii

Miserable

2 roedorici

Miserable non, pero un pouco cutre e de mal gusto si. Que pague el a gomina

8 Cidadanía Externalizadora SL

Son encontros importantísimos de NETWORKING ASESORIL. Os asesores teñen así moitos contat-tos para cando perdan as baronías e igual os recolocan nalgún sitio aínda que non municipalizaran nada en ningunha das cidades rebeldes de pacotilla e só externalizaran