Temas: GASTRONOMíA

Este viño galego de 6 botellas por 45€, mellor caldo novo de España

O Concurso Nacional de Vinos Jóvenes, que monta todos os anos a Unión Española de Catadores, acaba de escoller a un godello de Ourense como o mellor de 2016.

Por GC Tendencias | Ourense | 10/06/2017 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

Trátase do Mara Martín 2016, pertencente á Denominación de Orixe Monterrei, que se pode mercar en liña dende só 45 euros a caixa de seis unidades na web da súa adega, Martín Códax. .

Uvas de godello
Uvas de godello | Fonte: Martín Codax

Para facerse co Gran Baco de Ouro Premio Luís Hidalgo tivo que derrotar a outras 559 botellas cuxas candidaturas procedían de  62 distintivos de calidade de todo o Estado. 

O xurado estaba formado por 55 catadores acreditados oficialmente, entre eles algúns dos máis famosos do país. 

Temas: GASTRONOMíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta