Temas: CHINA

Viaxe de Feijóo para buscar negocios na China

Por vez primeira un presidente galego acode a China en misión comercial. Acompáñano trinta empresarios do país. Reunirase cun viceministro do Partido Comunista de China.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2017 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo estará fóra da autonomía esta semana. Acaba de  comezar a que é a  primeira viaxe institucional dun presidente galego á República Popular de China, co obxectivo de “abrir oportunidades de negocio e captar investimentos”.

Guo Yezhou
Guo Yezhou | Fonte: People's Daily Online

Na axenda publicada pola Xunta non figura ningún asunto relacionado cos dereitos humanos ou a democracia. Así, o Goberno indica que o obxectivo da viaxe é puramente económico: “intensificar as relacións económicas e empresariais entre ambos os dous territorios, de forma que supoñan novas oportunidades de investimentos e novas vías de exportación dos produtos galegos; tender pontes a nivel institucional, a través de encontros con diversas institucións; e promocionar os principais atractivos da Comunidade a nivel turístico, desde a gastronomía ata o patrimonio natural e cultural”.

AXENDA DE REUNIÓNS

Segundo o plan de viaxe publicada pola Administración, o presidente  manterá contactos o grupo de comercio electrónico JD.com e o grupo COFCO, unha das maiores empresas de produtos agrícolas do mundo. E manterá, entre outros encontros, unha reunión con representantes da Cámara de Comercio China para a importación e exportación de maquinaria e produtos electrónicos.

No eido das relacións institucionais, Feijóo reunirase o martes co viceministro de Relacións Internacionais, Guo Yezhou, para posteriormente participar na presentación de Galicia na sede do Instituto Cervantes; un acto ao que asistirán os principais axentes turísticos chinos.

Tamén haberá visita ao grupo Citic, propietarios da empresa de calderería Censa de O Porriño e un xigante da maquinaria pesada.

O presidente da Xunta comezará a xornada do xoves en Shanghai cunha reunión coas empresas galegas do sector agroalimentario que participan na feira Galician Gourmet Extravaganza. E pola tarde visitará as instalacións do grupo Shanghai Kaichuang, unha multinacional no sector pesqueiro, propietaria da conserveira Albo.

A Xunta conclúe o seu comunicado  lembrando os avances experimentados no Estado comunista, ao  lembrar que China está crecendo ao 6,7% anual e é o segundo maior exportador do mundo, só por detrás da Unión Europea, e o terceiro importador.

Temas: CHINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Efixio

Feijoo vai á China, hua, hua, hua, hua! Non hai que irem tan lonxe. Os do PNV conqueriron moito máis sen se mover da casa. Feijoo a China! Faijoo asemélhase a mín cando tinha 15 anos! Sempre viaxaba na imaxinación milheiros de kilómetros. Pero o problema o tinha na casa. Non fora! Entendes porque són nacionalista ou uns son galeguistas? Debe serem porque os sus votantes máis eles son xente madura. Non como os teus votantes. Que cheiran a anacronismo dende kilómetros de distancia!